O Samaín achégase e no noso cole xa estamos preparando todo para vivir uns días terrorificamente divertidos! 🧙♀️🦇
📚 Na entrada da biblioteca agárdanos unha exposición de libros aterradores, cheos de monstros, bruxas, pantasmas e historias que poñen os pelos de punta!
👻 As portas das aulas xa locen as súas decoracións máis arrepiantes, enchendo os corredores de misterio e creatividade.
🎃 E, por suposto, non podían faltar os fantásticos calacús elaborados polas familias, que están a demostrar unha vez máis toda a súa imaxinación e talento. Moitas grazas pola vosa colaboración!
🕷️ Ademais, xa estamos ultimando os preparativos dos obradoiros de Samaín que celebraremos o vindeiro venres 30 de outubro, unha xornada chea de sorpresas e actividades para gozar xuntos desta festa tan especial.
Que comece a maxia do Samaín! 🎃✨
Seguiremos compartindo todas as novidades... Estade moi atentos e atentas!






















No hay comentarios:
Publicar un comentario