Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de septiembre de 2025

VISITA Á CASA MUSEO RAMÓN OTERO PEDRAYO E CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Onte, fixemos unha saída á Casa Museo Otero Pedrayo, onde gozamos dunha xornada chea de cultura e diversión.

Visitamos a casa de Don Ramón e Andrea contounos moitas cousas sobre el e a súa vida en Cima de Vila. Quedáronnos moitas cousas por saber que iremos pescudando pouco a pouco ao longo deste curso porque o noso PDI deste ano estará centrado en Ramón Otero Pedrayo, xa que, o 2026 será ANO OTERIANO.

Ademais, desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, que nos atrapou coas súas historias e a súa maneira tan especial de comunicar, tamén o pasamos en grande con diferentes xogos nos espazos da Casa Museo.

Se clicades na imaxe accederedes a todas as fotos do día:

viernes, 18 de abril de 2025

VISITA Á CASA-MUSEO OTERO PEDRAYO

Como actividade de fin de trimestre e no marco do PDI do 50 aniversario do noso colexio, que leva con orgullo o nome de Otero Pedrayo, o venres 11, realizamos unha saída moi especial á súa Casa-Museo en Trasalba.

Ao longo da visita, o alumnado puido descubrir quen foi este autor tan relevante para a cultura galega, coñecer a súa vida e obra, e percorrer os espazos da súa vivenda, cheos de historia e memoria. A visita realizouse por quendas, permitindo que cada grupo recibise explicacións adaptadas e participativas.

Mentres tanto, nos xardíns, o resto do alumnado gozaba de diferentes xogos: populares, tradicionais e tamén modernos, nun ambiente de convivencia e lecer ao aire libre.

Picando na imaxe accederedes ás fotos do día e neste ENLACE tedes o vídeo resumo da visita!

lunes, 8 de abril de 2024

Obradoiro de xogos tradicionais

O pasado mércores, día 3 de abril, o alumnado de 5ºe 6º participou nun Obradoiro de Xogos Tradicionais a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Puideron aprender e desfrutar de xogos como a porca (antigo xogo similar ao hockei actual), o pino, e tamén xogos de mesa coma o muíño ou o moco.