lunes, 23 de marzo de 2026

GAÑADORES TORNEO XOGOS DE MESA 3º CICLO

Xa tedes na galería do cole os gañadores e gañadoras do Torneo de Xogos de Mesa que se celebrou para o 3º ciclo de EP. 

Parabéns a todos e todas!!

Se clicades na seguinte imaxe accederedes ás fotos de todos os gañadores e gañadoras e de todos os torneos celebrados este curso.

sábado, 14 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

Hoxe, 14 de marzo, é o día internacional das matemáticas e no corredor da biblioteca tedes unha selección de recursos para traballar este día.

CONMEMORACIÓNS 2º TRIMESTRE

No noso centro celebramos conxuntamente varias conmemoracións moi importantes: o 8M -Día Internacional da Muller, o Día de Rosalía de Castro, a Semana da Prensa, o Día da Muller e a Nena na Ciencia e o Ano Oteriano.

Para traballar estas datas tan significativas, cada aula investigou unha ou varias destas conmemoracións. Co resultado do seu traballo elaboramos un xornal escolar, que foi presentado ao resto do alumnado nunha exposición na que cada clase compartiu a súa parte.

Se clicades na seguinte imaxe, podedes acceder a versión dixital do xornal "As Novas do Faragullas".

Se clicades AQUÍ accederedes a un vídeo resumo da presentación do xornal.

Ademais, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, creamos este fermoso vídeo dentro das actividades organizadas para conmemorar esta data.

Nesta iniciativa participou o alumnado do centro xunto con algunhas das mulleres máis importantes das súas vidas, nunha actividade pensada para recoñecer o seu papel, a súa forza e a súa importancia na nosa sociedade.

Se clicades na seguinte imaxe, podedes ver o vídeo completo.

Se clicades NESTE ENLACE accederedes ás fotografías e videos do día.

CONCURSO "ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE"

Parabéns ao noso alumno Brais, de 4º de EI, que foi elixido como gañador, na súa categoría, no concurso “Enchemos de cor a Mancomunidade”, organizado polo CIM de Santa Águeda.

Parabéns tamén a todo o alumnado participante polo seu esforzo e ilusión. Se clicades na imaxe accederedes á publicación do CIM cos gañadores do concurso.

miércoles, 4 de marzo de 2026

CHARLA SOBRE IGUALDADE

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou hoxe nunha interesante charla impartida por Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade.

Durante o encontro, o alumnado puido reflexionar sobre a importancia da igualdade entre mulleres e homes, así como sobre valores fundamentais como o respecto, a convivencia e a construción dunha sociedade máis xusta.