Mostrando entradas con la etiqueta sorpresa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sorpresa. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2024

Visita de Xabier Domínguez Pérez

O día 24 de abril e como acto dentro da Semana do Libro, recibimos a visita de Xabier Domínguez Pérez, escritor do que está a investigar o alumnado de infantil dentro do PDI: Escritores e escritoras dos nosos contos. Todo o alumnado do centro levou unha gran sorpresa xa que, ademais de ser escritor, tamén formou parte da nosa comunidade educativa o curso pasado: o profe Xabi ao que todos lle gardan gran cariño. 

Na visita, estivemos charlando con el e ensinándolle todo o que levamos traballado da súa figura, sobre todo de Naturizo. Estivo encantado de responder ás nosas preguntas e sentiuse gratamente sorprendido con todos os traballiños que lle amosamos.

Outra sorpresa que lle agardaba era unha dobre inauguración: por unha banda a inauguración do mural que temos na entrada dentro da actividade "Plantando árbores con pinceis" xa que Naturizo é o protagonista. Por outra  banda tamén inaugurou o Invernadoiro de Naturizo, que debido a problemas técnicos non puido lucir coa placa que lle tiñamos preparada pero que, grazas ao profe Alberto e a cortada láser, realizamos outra que tamén quedou estupenda!

Moitísimas grazas profe Xabi pola túa visita.

Esperamos que non poidas vir a visitarnos moitas máis veces!!

Se clicades na imaxe, veredes as fotos do día!

lunes, 19 de junio de 2023

INAUGURACIÓN ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 E despois da súa charla con todos nós, pedímoslle a Antón Pulido que nos acompañara a inaugurar o espazo creativo que levará o seu nome. Foi unha gran sorpresa para el e emocionouse moito!!! Ao acto asistiron representantes da Asesoría de Biblioteca Escolares, do Concello, da Xunta de Galicia, da Consellería de Educación e de Inspección Educativa. Todos xuntos inauguraron o novo espazo e despois baixaron a coñecer o noso museo onde os esparaban todos os nenos e nenas do centro para cantarlles a canción "Ao pasar por Amoeiro" adaptada por Elvira da coñecida "Camariñas". Quedaron todos encantados. Despois visitaron o noso museo e quedaron abraiados da gran cantidade de obras e traballos que elaboramos durante todo o curso. 

Aquí vos deixamos o enlace (picando na foto) a algunhas das imaxes do día:


Ademáis tamén asinou no noso libro de firmas agasallándonos cunha fermosa ilustración e cunhas bonitas palabras.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!