lunes, 28 de noviembre de 2022

25N: Que non che corten as ás

O día 25 de Novembro celebramos o Día Internacional Para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. Cada alumno/a decorou e escribiu algunha palabra/frase positiva na súa bolboreta para a montaxe que fixemos na entrada do colexio: QUE NON CHE CORTEN AS ÁS!

Ademais o CIM da Mancomunidade de Santa Águeda agasallounos cunhas chapas e cunhas pulseiras para loitar contra a violencia de xénero. Os nenos e nenas de Infantil luciron as chapas e o alumnado de Primaria as pulseiras.

Se picades NESTA LIGAZÓN poderedes ver todas as fotos do día.





lunes, 21 de noviembre de 2022

Exposición Violeta

 Como todos anos xa temos montada a nosa EXPOSICIÓN VIOLETA na porta da Biblioteca do Faragullas.

Nela podedes atopar diferntes libros que teñen moita relación co 25-N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Boa lectura e que ... NON CHE CORTEN AS ÁS!






martes, 8 de noviembre de 2022

O PAPAGAIO

 Hoxe queremos contarvos unha nova que de seguro vos vai gustar!!

A partir de hoxe temos na Biblioteca do Faragullas a revista "O PAPAGAIO" para que poidades ler e desfrutar con todas as seccións  que podedes atopar nela: Cómics, Deportes, Mitoloxía, Historia, Videoxogos, Saúde e moitas máis.

 Podédela ler na biblioteca e cando teñamos dispoñible o número do próximo mes, podedes levar prestados para a casa os anteriores!!!

Desexamos que vos guste!!!