viernes, 29 de marzo de 2024

Escape Room Rosalía

Das distintas actividades realizadas polo día de Rosalía de Castro, quedaba unha pendente para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Así, no penúltimo día do trimestre, gozaron dun xogo de escape ou escape room no que o obxectivo era conseguir a chave para poder saír da aula. A clave para atopar a chave estaba nunha caixa pechada con candados de chave e candados de combinación numérica. Para abrir os candados de chave tiñan que coñecer e investigar sobre Rosalía de Castro, e para abrir os candados de combinación debían poñer a proba os coñecementos matemáticos adquiridos durante este curso.
Se picades na seguinte fotografía, accederedes ás diferentes imaxes da actividade!


jueves, 28 de marzo de 2024

Procura do tesouro de Pascua

Para rematar o trimestre, Faragullas tíñanos unha sorpresa preparada coa axuda do coelliño de Pascua!!!
Cada clase tiña un enigma que resolver que os levaría a un quebracabezas agochado polo cole adiante. Unha vez atopado tiñan que completalo e obter un dos números, que xunto cos do resto de clases, abrirían o candado que pechaba a caixa do saboroso tesouro...
Clicade na imaxe para ver que ben o pasamos!!!

lunes, 25 de marzo de 2024

Escape Room Rosalía

        No penúltimo día do trimestre, o alumnado de 5º e 6º de primaria gozou dun escape room. O obxectivo era conseguir a chave para poder saír da aula.

        A clave para atopar a chave estaba nun caixa pechada con candados (de chave e de combinación numérica). Para abrir os candados de chave tiñan que coñecer e investigar sobre Rosalía de Castro, e para abrir os candados de combinación debían poñer a proba os coñecementos matemáticos adquiridos durante este curso.

        Pasárono xenial intentando resolver todos os enigmas!!

        Se clicades na imaxe, accederedes a máis fotos da actividade!!

martes, 19 de marzo de 2024

Gañadora do Concurso do CIM

O luns 11 de marzo, entregáronse os premios do IV CONCURSO "ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE" do CIM (Centro de Información á Muller) da Mancomunidade de Santa Águeda. Este ano estaba dedicado a acercar ao alumnado a figura da muller rural galega.

A gañadora na categoría de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi para a nosa alumna Inés Ganado Álvarez de 5º de primaria.
Moitos parabéns, Inés!!!

sábado, 9 de marzo de 2024

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E O 8M: O DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo, tivemos celebración dobre: O Día de Rosalía de Castro e o Día da Muller para a que organizamos diferentes actividades. Ademais, esa semana estivemos pintando camisetas coas nosas mans para lucilas na celebración.

1. Presentación da edición especial do xornal:  AS NOVAS DO FARAGULLAS onde alumnado de cada curso nos contou que escritora investigaron, os datos máis relevantes da súa vida, o pseudónimo que tiña que empregar para asinar as súas obras e por que tiña que facelo así e non co seu verdadeiro nome.

2. Presentación da biografía de Rosalía de Castro en galego (1º e 2º EP) e en inglés (3º EP).

3. Recital de poemas de Rosalía de Castro (4º, 5º e 6º EP).

4. Interpretación do tema "O MOUCHO" (Infantil).

5. Coreografía grupal do tema "SOMOS LEGIOM" que aborda, a ritmo de muiñeira, o feminismo e o seu retrouso e parte do poema "Has de Cantar" de Rosalía.

6. Plantación dunha CAMELIA (planta representativa de Rosalía).


NO SEGUINTE ENLACE PODEREDES ACCEDER A TODAS AS FOTOS DO DÍA

jueves, 7 de marzo de 2024

AS NOVAS DO FARAGULLAS - 8M

Hoxe, celébrase o Día da Muller e desde o cole, como xa comentamos nun post anterior imos celebralo xuntamente co día de Rosalía (23 de febreiro) por ser unha das más mulleres máis importantes no panorama nacional.

Aproveitando que estamos inmersos tamén na Semana da Prensa e de que estamos traballando con escritores e escritoras no noso proxecto, elaboramos un xornal: 

AS NOVAS DO FARAGULLAS. 

Nel podemos atopar o programa deste día conmemorativo, diferentes poemas feministas de Rosalía, as seccións de pasatempos e de horóscopo e tamén as diferentes investigacións realizadas polos distintos cursos sobre escritoras que tiveron que asinar as súas obras con psecudónimos xa que non podían firmalas co seu verdadeiro nome por seren mulleres.

Se clicades na portada do mesmo, poderes acceder ao xornal e lelo completo.

(Unha vez dentro do xornal, se clicades nos tres puntos na parte inferior dereita e logo en FULL SCREEN, poderedes velo a pantalla completa)

martes, 5 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN 8M

 Xa tedes na porta da biblioteca a Exposición Violeta deste curso. Como estamos investigando mulleres que tiveron que asinar con outros nomes só polo feito de seren mulleres, engadimos uns paxariños de papiroflexia cos seus nomes. 

Desfrutade das lecturas!!!

lunes, 4 de marzo de 2024

TRABALLANDO A ROSALÍA!!

Por aquí vos deixamos os diferentes traballiños feitos polos diferentes cursos en relación á conmemoración do día de Rosalía de Castro.

Se clicades nestos enlaces, accederedes á:

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA elaborada polo alumnado de 1º e 2º de EP.

POEMARIO DE ROSALÍA elaborado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.

O alumnado de 5º e 6º levará a cabo un ESCAPE ROOM de Rosalía.

TABOLEIRO DA LINGUA:

TRABALLIÑOS DE INFANTIL:







TRABALLIÑOS DE 3º DE EP.



Semana da prensa

 ESTA SEMANA ESTAMOS A CELEBRAR A SEMANA DA PRENSA.


Aproveitando que o venres tamén é o Día da Muller e que estamos traballando con escritores e escritoras no noso proxecto, estamos creando un xornal adicado a diferentes mulleres que tiveron que firmar as súas obras empregando un pseudónimo, xa que non podían asinar co seu verdadeiro nome por seren mulleres.

ADEMAIS, AQUÍ VOS DEIXAMOS OS ENLACES AOS PRINCIPAIS XORNAIS:

(CONSULTA NA BIBLIO O USUARIO E CONTRASINAL)



OURENSE:


GALICIA:



ESPAÑA:


XORNAIS DEPORTIVOS: