Mostrando entradas con la etiqueta espazo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta espazo. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de mayo de 2022

Preparando a exposición do PDI

Despois de meses de traballo, nos que o alumnado confeccionou os planetas do Sistema Solar, o Sol e a Lúa; esta semana tamén comezamos a montar a exposición final do noso PDI "O sistema solar". Foron eles tamén os encargados de deseñar e elaborar os cartaces de cada recuncho que formará parte da exposición final.

 Levounos moito traballo, con andamio incluído, pero vai quedando espectacular. Estade atentos que axiña ensinaremos as fotos co resultado final.

jueves, 12 de mayo de 2022

I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO PARA MURO EXTERIOR (TRABALLOS)

 Xa temos expostos todos os traballos presentados ao I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O Espazo.





Agora o xurado terá que escoller aos gañadores. Seguide moi atentos porque pronto publicaremos a decisión do xurado. MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!


martes, 19 de abril de 2022

I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO DE MURO EXTERIOR

 Faragullas xa anuncia o I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O ESPAZO. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

viernes, 8 de abril de 2022

NOVA NOVIÑA

Neste mes do libro, tivemos a oportunidade de desfrutar do espectáculo NOVA NOVIÑA: Unha mestura de teatro e música en directo coa pianista e compositora María Mendoza e a actriz Nate Borrajo que nos levaron nunha viaxe polo tempo e o espazo: Atopámonos co Principiño e axudámoslle a pintar un año, descubrimos que á Bela Adormecida non lle roubaron un bico, vimos o noso planeta desde moi lonxe e descubrimos como sanalo e, o máis importante de todo, aprendimos que podemos ser o que queiramos ser: domadoras de formigas voadoras, sopradores de caracois, astronautas....

pICANDO NA IMAXE PODEDES ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS:


martes, 5 de abril de 2022

EN ABRIL, LIBROS MIL

 O 23 de abril e o Día do Libro e no centro imos celebralo no mes do libro. 

Comezamos cunha exposición de libros de ficción sobe o noso PDI: o espazo.


 

Poderemos desfrutar dun espectáculo moi espacial: NOVA NOVIÑA

Tamén se vai confeccionar un libro por curso no que terán que inventar unha historia ou conto relacionado co noso PDI (o espazo). Será elaborado por todos os nenos e nenas do curso, comezará un e irán continuando a historia, un por un, os outros rapaces.

Tamén se fará o apadriñamento lector que tanto botamos de menos coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinenentes.

Por último, organizarase o I Concurso Creativo para Deseño do Muro Exterior con motivo do Día do Libro e con temática do noso PDI.


miércoles, 30 de marzo de 2022

COÑECENDO OS ESCORNABOTS

 Hoxe, tivemos varias sesións de introducción aos ESCORNABOTS para achegar ao alumnado á robótica e a programación. Adquirimos varios deles para a Biblioteca do Faragullas e dado o éxito que tivo, daremos boa delas. Ademais xa viñan con carauta personalizada.... OLLADE!!! 

Primeiramente foi o alumnado de 4º, 5º e 6º o encargado das montaxe dos escornabots e de seguido, o resto de alumnado foi descubrindo estes pequenos robots.

Por certo, pasárono en grande montando circuitos e probándoos!! Despois de descubrir as funcións básicas do escornabot, convertéronos en escornautas en misión espacial: Tiñan que chegar desde a Terra ao Planeta Amoeiro!!

Ao final de post tedes un par de vídeos que o amosan. Aquí tedes uns exemplos do que fixemos pero se facedes CLICK nunha das dúas últimas imaxes accederedes a moitas máis.





domingo, 20 de marzo de 2022

Novidades PDI Sistema Solar

 Na biblioteca do Faragullas hai diversidade de libros relacionados co Sistema Solar e o Espazo pero dentro do noso PDI adquirimos varios máis relacionados co tema. Non só son libros informativos senón tamén libros de lectura que nos achegan ao espazo a través de diferentes historias. Desexamos que vos gusten:


lunes, 14 de marzo de 2022

IMOS AO ESPAZO: OS NOSOS FOGUETES ESPACIAIS

 E para ir ao espazo necesitamos FOGUETES ESPACIAIS!!!

Aquí vos deixamos o ben que lles quedaron a todo o alumnado de primaria:

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA



TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA




QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA

martes, 8 de marzo de 2022

COMEZAMOS A MISIÓN ESPACIAL!!

Despois do Entroido, empezamos a traballar moito no noso PDI do espazo. Os primeiros pasos tédelos aquí: decoración de portas para poñernos en contextos, photocall dun foguete e expositor de libros coa temática espacial:






martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Como parte do PDI que estamos a realizar: O ESPAZO, este ano tocounos disfrazar desa temática. Houbo de todo: astronautas, foguetes, alieníxenas, planetas, estrelas...

Para ver todas as fotos podedes picar na seguinte foto: