martes, 30 de enero de 2024

Día escolar da paz e non violencia 2024. Que é a paz para ti?

 
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día escolar pola paz e a non violencia preguntando ás nosas nenas e nenos que é a paz para eles. 
 
E para ti, que é a paz?
 
🕊🕊
 
 
 Ademais alumnado voluntario dos últimos cursos de primaria elaborou un gran mural "A MAXIA DA PAZ" na que todo o alumnado deixou a súa pegada.
😍😍

 Por último, todos os cursos recitaron uns bonitos poemas para a paz acompañados ao teclado pola profe Rebeca. Estade atentos que moi pronto subiremos os vídeos destes poemas musicados.

 

martes, 23 de enero de 2024

EXPOSITOR PARA A PAZ

 Na entrada á Biblioteca xa podedes atopar diferentes libros, contos, documentos e outras lecturas relacionadas coa PAZ. 

Este curso eleximos unha frase de Malala Yousafzai gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2012 con tan só 15 anos:

"Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo"

Agardamos que as desfrutedes!!🕊🕊☮☮



viernes, 19 de enero de 2024

martes, 16 de enero de 2024

Novidades do primeiro trimestre!

 Xa tedes dispoñibles para préstamo todas as novidades adquiridas no primeiro trimestre!! 

A desfrutar coas lecturas!!!😍😍


martes, 9 de enero de 2024

PREMIO IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

Hoxe estamos moi contentos porque, despois do gran traballo que fixemos o curso pasado e de todo o esforzo realizado, somos un dos 18 centros GAÑADORES do IX CONCURSO de TRABALLO por PROXECTOS realizados no curso 2022-2023. 

👏👏👏

O noso proxecto: "A pintura: pintores e pintoras" xunto con outros 17 máis, foron seleccionados (de entre os 90 presentados) e dotados con 2.00€ cada un.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!

🎉🎉🎉🥳🥳🥳

Se clicades no seguinte enlace poderedes acceder á publicación da resolución do concurso no blogue das bibliotecas escolares de Galicia, onde se poden ver todos os proxectos premiados e se poden descargar os mesmos!!