Xa temos novos estantes na biblioteca!! Agora que temos a ludoteca no patio de filas. Só deixamos uns pouquiños na biblioteca e para ordenalos mercamos este moble con gabetas para telos todos colocadiños. Ademais mercamos o estante superior para albergar máis libros da sección infantil.
martes, 6 de mayo de 2025
martes, 22 de abril de 2025
ESTANTES NOVOS PARA O CORREDOR
Como xa vos adiantabamos nun post anterior, mercáronse novos estantes para o corredor da biblioteca. Asi os fondos da CDU 7 que estaban no corredor que daba a aula Pulido agora están nestes estantes e os xogos da ludoteca están no seu recuncho no patio das filas. A CDU 3 tamén segue no corredor e as revistas do Faragullas están ao carón da porta da biblioteca.
Agora temos moito máis espazo para adicarlle ás exposicións e, como a biblioteca se nos segue quedando pequena, cabe a posibilidade de pasar algún outro número da CDU para esta zona.
lunes, 17 de marzo de 2025
DÍA DO CÓMIC 2025
Hoxe celébrase o Día do Cómic e ao carón da porta da biblioteca do Faragullas xa temos unha selección de cómics para que poidades desfrutar. Ademais, tamén puxemos unha sección vintage grazas a algúns exemplares emprestados pola mestra Ana. Moitas grazas!
Por outra banda, tamén podedes ver os novos estantes que están no corredor da biblioteca: como se nos facía pequena, decidimos externalizar algúns recursos. Xa comezamos co recuncho violeta que está no patio de filas e aínda falta outra sorpesiña máis. Estade moi atentos!
martes, 14 de noviembre de 2023
ESTANTES NOVOS E ACTUALIZACIÓN DA SINALIZACIÓN NA BIBLIOTECA
O mes pasado chegaron os estantes altos que necesitábamos para rematar de amoblar a parede que está á dereita da porta. Así, cambiáronse os mobles baixos nos que estaban os recursos de inglés (infantil e 1º ciclo) e os de galego (1º ciclo) por uns estantes altos.
Nestes novos estantes temos centralizados nunha columna completa de andeis, os fondos en inglés (á dereita) e en dúas columnas completas á esquerda, os fondos de banda deseñada para todos os cursos. Na parte superior central temos todos os fondos catalogados dentro da CDU 5 (Matemáticas. Ciencias Naturais) e na parte inferior os recursos destinados ao primeiro ciclo de primaria.
Deste xeito, ao quitar inglés e banda deseñada para o 2º e 3º ciclo dos outros estantes, queda máis espazo tanto para estos ciclos como para as seccións de fondos informativos que se atopan nesa parede que tamén reubicamos ordenándoos de forma vertical en vez de horizontal quedando máis visibles as diferentes seccións.
Ademáis, cambiamos a sinalización das diferentes zonas para facilitar o acceso a todos os usuarios da biblioteca xa que, agora é moito máis fácil e funcional atopar os fondos que se precisen.
Estas dúas imaxes son da biblioteca como estaba antes e as seguintes amosan a biblioteca actual.
A desfrutala!
ANTES:
AGORA:
NOVA SINALIZACIÓN:
lunes, 22 de noviembre de 2021
Novos estantes
Hoxe veu o carpinteiro traer máis mesas novas e montarnos uns novos estantes na biblio porque temos tantos libros que lle temos que facer máis sitio.
Quedaron moi ben!!!💓




















