martes, 31 de mayo de 2022

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas e tivemos varias activades:

1. Na entrada á biblioteca montouse unha exposición temática do día e o alumnado de 5º e 6º confeccionou un mural conmemorativo.

2. Durante estas dúas semanas pedíuselle ás familias a súa colaboración para elaborar unha buxaina e así poder montar unha exposición de buxainas no cole. A proposta tivo moi boa acollida e este foi o resultado.

3. Tamén, durante estas dúas semanas cada neno/a tiña que preguntar ás súas familias por un trabalinguas, dito popular, refrán ou adiviña en galego. Decoráronos nun papel A5. Hoxe recitárono diante dos seus compañeiros/as e pegárono no Taboleiro da Lingua.

4. O alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria explicou brevemente a vida de Florencio Delgado Gurriarán e entre todos recitaron o seu poema SALVE acompañados das bandeiras galegas.

5. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º elaborou un Pasapalabra referido a Florencio Delgado Gurriarán que fomos contestanto entre todos.


Foi un día moi variado e divertido. Se queredes ver o resto das fotos, picade no Rosco de Pasapalabra.

viernes, 27 de mayo de 2022

Preparando a exposición do PDI

Despois de meses de traballo, nos que o alumnado confeccionou os planetas do Sistema Solar, o Sol e a Lúa; esta semana tamén comezamos a montar a exposición final do noso PDI "O sistema solar". Foron eles tamén os encargados de deseñar e elaborar os cartaces de cada recuncho que formará parte da exposición final.

 Levounos moito traballo, con andamio incluído, pero vai quedando espectacular. Estade atentos que axiña ensinaremos as fotos co resultado final.

CIRCUITOS ESCORNABOTS

 Esta semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria estivo creando e probando novos circuitos para o escornabots. 

Comezaron os alumnos e alumnas de 4º que deseñaron os circuitos e probaron que os escornabots fosen capaces de recorrelos.

A continuación, o alumnado de 3º ciclo tamén intentou completar os circuitos e tamén crearon outro. Tamén cambiaron pilas e incluso conectaron algún cable que estaba solto nestes novos robots.

Por último o curso de 3º foi o encargado de probar que os escornabots chegasen á meta dos circuitos empregando as programacións que os outros cursos lles deixaron preparadas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:








MESA DE LUZ

 Nesta semana tivemos varias sesións coa mesa de luz nas que a coñecemos e exploramos as súas posibilidades:

Os primeiros en probala foron os nenos e nenas de 1º ciclo: primeiro observaron todas as cores que reflicte e despois xogamos a agrupar os discos por cores e a recollelos cos imáns: Encantóulles a actividade e quedaron moi sorprendidos polas propiedades dos imáns.

Os seguintes foron os alumnos e alumnas de infantil que mentres uns probaban a mesa de luz, outros xogaban a construir con bloques de cores traslúcidos que máis tarde levaríamos á mesa de luz.

Os máis pequenos xogaron cos discos: agrupáronos por cores, superpoñeron uns a outros e viron os cambios de cor que isto producía, encheron os números con discos e recolléronos cos imáns: encantoulles a todos!!! 

A continuación, levaron as súas construccións á mesa de luz e puidemos ver que, ao cambiar a luz de fondo da mesa, cambiaban tamén a cor dos bloques!!! Sorprendeunos moito!

Cos máis maiores, ademáis de todo o anterior, fixemos unha sopa de letras cos discos traslúcidos. Aproveitando o noso PDI, a sopa era dos PLANETAS.

Aquí vos deixamos as imaxes destas actividades: 

lunes, 16 de mayo de 2022

QUE INVENTO!

  O alumnado de Infantil está traballando neste terceiro trimestre no proxecto "Que invento" contando sempre coa colaboración da biblioteca. Mirade que expositor de libros máis completo lles quedou no seu recuncho de proxectos e o ben decoradas que deixaron as súas portas!!!

FORMACIÓN DE USUARIOS PRIMARIA

FORMACIÓN DE USUARIOS PRIMARIA

Se picades no enlace anterior poderedes acceder á presentación empregada para as sesións de formación de usuarios de Educación Primaria.

FORMACIÓN USUARIOS INFANTIL

FORMACIÓN DE USUARIOS EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO EP

Se picades no enlace anterior poderedes acceder á presentación empregada para as sesións de formación de usuarios de educación infantil e 1º ciclo de primaria. 

A continuación tamén vos deixamos o documento que recolle as diferentes fichas elaboradas para dita formación.

FORMACIÓN DE USUARIOS

jueves, 12 de mayo de 2022

I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO PARA MURO EXTERIOR (TRABALLOS)

 Xa temos expostos todos os traballos presentados ao I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O Espazo.





Agora o xurado terá que escoller aos gañadores. Seguide moi atentos porque pronto publicaremos a decisión do xurado. MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!


miércoles, 11 de mayo de 2022

Nova Adquisición

 Hoxe chegounos un novo puff para a biblio, cadra perfectamente coa bancada debaixo da árbore das novidades. Esperamos que sexa cómodo e que o desfrutedes moito!