Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2025

Celebramos as Letras Galegas con "Danza na Praza" e bailando no patio

O día 13 de maio, para conmemorar o día das Letras Galegas deste curso, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou nunha actividade organizada na Praza Maior de Ourense onde participaron máis de 300 escolares de centros de Ourense, A Valenzá, Verín, O Barco e  Chantada. A actividade estivo organizada polos docentes de música en colaboración co CFR de Ourense guiados por Artur Puga, percusionista, bailarín e coreógrafo.

Bailaron danzas de roda tradicionais e cantaron cantigas galegas acompañados por un grupo de pandereteiras e gaiteiros. Remataron bailando Foliada con Artur Puga. 

E como, todos no cole, aprendemos os bailes o venres 16 bailamos todos xuntos no patio todas as danzas tradicionais traballadas.

Para ver as imaxes, clicade no seguinte enlace:  DANZA NA PRAZA

Ademais, todos os centros participantes, levaban uns colgantes con pandeiretas feitas na impresora 3D. Quedaron chulísimas!

viernes, 31 de enero de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2025

Este xoves día 30 celebramos no cole o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Con este motivo os nenos e nenas colocaron as súas follas e desexos na nosa árbore da paz e crearon un mural nas clases de plástica. Os mestres e mestras traballaron que é a paz para cada un de nós nas aulas e, coas aportacións de todos e todas creamos unha canción para conmemorar este día.
Podedes ver as imaxes e o vídeo da canción facendo click na fotografía:

martes, 31 de diciembre de 2024

Celebramos o Nadal

E xa case remata o ano... Esta foi a postal realizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa elaborada a partir de dúas fotos: unha coas creacións feitas polo alumnado e as súas familias de diferentes tipos de folerpas que adornan a entrada ao colexio e outra coa árbore de Nadal decorada con diferentes motivos relacionados co 50 aniversario do centro que tamén preside a entrada ao centro.

Este curso para festexar estas datas organizamos un minifestival de Nadal: 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria organizou cadansúa coreografía que representaron no patio interior. 

- A continuación, todo o centro bailou "A Danzo do Oso".

- Finalmente pasamos ao ximnasio para poñer en escea as diferentes actuacións organizadas pola mestra de música: 

  • O alumnado de 1º e 2º representou "Can can de Offenbach"
  • O alumnado de 3º e 4º representaou "Marcha Radetzsky"
  • Coas luces apagadas todo o centro interpretou a panxoliña "Folerpiña" (o alumnado do 3º ciclo tocaba percusión) cunha posta en escea impresionante na que todo o alumnado tiña luceciñas que ía movendo ao ritmo da canción.
Para rematar o trimestre, dirixímonos ao Campo do Souto para comer as 12 uvas acompañados por moitas familias e diferentes membros da comunidade educativa. Ademais volvimos bailar a Danza do Oso e cantamos Folerpiña. Foi algo diferente pero moi especial que xuntou a toda a comunidade educativa nun acto moi emotivo e divertido.

Se clicades na postal podedes acceder a todas as imaxes e vídeos da celebración:


FELIZ 2025!

sábado, 9 de marzo de 2024

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E O 8M: O DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo, tivemos celebración dobre: O Día de Rosalía de Castro e o Día da Muller para a que organizamos diferentes actividades. Ademais, esa semana estivemos pintando camisetas coas nosas mans para lucilas na celebración.

1. Presentación da edición especial do xornal:  AS NOVAS DO FARAGULLAS onde alumnado de cada curso nos contou que escritora investigaron, os datos máis relevantes da súa vida, o pseudónimo que tiña que empregar para asinar as súas obras e por que tiña que facelo así e non co seu verdadeiro nome.

2. Presentación da biografía de Rosalía de Castro en galego (1º e 2º EP) e en inglés (3º EP).

3. Recital de poemas de Rosalía de Castro (4º, 5º e 6º EP).

4. Interpretación do tema "O MOUCHO" (Infantil).

5. Coreografía grupal do tema "SOMOS LEGIOM" que aborda, a ritmo de muiñeira, o feminismo e o seu retrouso e parte do poema "Has de Cantar" de Rosalía.

6. Plantación dunha CAMELIA (planta representativa de Rosalía).


NO SEGUINTE ENLACE PODEREDES ACCEDER A TODAS AS FOTOS DO DÍA

miércoles, 8 de marzo de 2023

8M: Día Internacional da Muller (celebración)

A parte das actividades descritas en entradas anteriores hoxe tamén cantamos e bailamos dúas cancións para celebrar o Día Internacional da Muller:

A primeira "Chea de Vida" de Guadi Galego cantámola en linguaxe de signos. A profe Cris encargouse de preparala con todo o cole e fará un video que pronto colgaremos para que vexades o bonito resultado.

A segunda "Depende de los dos" xa é un himno do cole porque a cantamos e a bailamos todos os anos por esta data. Encántanos!!!

Aquí vos deixamos os vídeos agardando que vos gusten:


Chea de vida

Depende de los dos

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (8M)

Como punto e aparte ás diferentes actividades realizadas durante estas últimas semanas para conmemorar o día de Rosalía de Castro, hoxe, coincidindo coas celebracións do 8M, o alumnado de infantil recitou o poema "Parece unha rosa" e o alumnado de 3º e 4º recitou o poema "Maio longo".

Ademáis como parte das actividades propostas por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de Infantil e do 1º ciclo de Primaria traballou con xornais e revistas buscando imaxes relacionadas con sentimentos, emocións ou cousas que están a acontecer no mundo, traballando tamén así a Semana da Prensa na que estamos inmersos. Despois de recortar as imaxes, escribiron unha palabra relacionada con cada unha e decoraron o traballo final. Nos actos de celebración do día de hoxe cada un dixo a súa palabra e amosou a imaxe elixida. Nos próximos días colgaranse polos corredores.

Aquí vos deixamos os vídeos das palabras traballadas e dos recitados dos poemas.

Aula 3 e 4 anos

Aula de 4 e 5 anos 
Aula de 1º de EP
Aula de 2º de EP
Aula de 3º e 4º de EP