Xa temos os diarios de lectura preparados para marchar para as casas!! Fixéstelo moi ben, moita lectura e unhas portadas chulísimas!😍
miércoles, 17 de junio de 2026
sábado, 21 de septiembre de 2024
DIARIO DE LECTURAS
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2024-2025!
Como cada ano aquí vos deixamos as diferentes fichas de lectura que imos ir facendo durante todo o curso para, ao chegar xuño, montar o noso diario de lecturas e facer unha gran exposición con todos eles!!
FICHA PARA INFANTIL
lunes, 2 de octubre de 2023
DIARIO DE LECTURAS (FICHAS)
Como xa é habitual, retomamos a actividade "O MEU DIARIO DE LECTURA" na que cada neno/nena elabora unha pequena ficha (acorde coa súa idade) cando remata de ler un libro. Este curso actualizamos estas fichas facéndoas máis motivadoras e contando coa nosa mascota Faragullas en todas elas. Esperamos que vos gusten os novos formatos!!
Ao remate do curso montaremos os diarios de lectura coas fichas feitas por cada neno/a e faremos unha gran exposición. Non vola podedes perder!!!!
martes, 13 de junio de 2023
DIARIO DE LECTURAS
E xa temos montada, un ano máis, no corredor da biblioteca a exposición dos "Diarios de Lectura". Así de bonita nos quedou con todos os diarios feitos polo alumnado do centro ao longo de todo o curso.
sábado, 8 de octubre de 2022
DIARIO DE LECTURA
Como cada curso, retomamos a actividade "O MEU DIARIO DE LECTURA" na que cada neno/nena elabora unha pequena ficha (acorde coa súa idade) cando remata de ler un libro. Aquí vos deixamos as fichas axeitadas para cada ciclo.
Ao remate do curso montaremos os diarios de lectura coas fichas feitas por cada neno/a e faremos unha gran exposición. Non vola podedes perder!!!!
Educación Infantil
lunes, 13 de junio de 2022
II EXPOSICIÓN DE DIARIOS DE LECTURA
Hoxe organizamos a II Exposición de Diarios de Lectura.
Durante todo o curso o alumnado do centro foi cubrindo unhas fichas dos libros que ían lendo dacordo coa súa idade. Ao final montaron cadanseu "Diario de Lectura".
É o segundo curso que se organiza e, igual que o curso pasado, foi un éxito!!
martes, 15 de junio de 2021
O MEU DIARIO DE LECTURAS!
Aquí vos deixamos os Diarios de Lecturas que foron realizando todos os nenos e nenas dende 5º de Infantil ata 6º de Primaria. Neles foron recollendo a través de diferentes fichas, que xa ensinamos a comezos de curso, todos os libros que foron lendo neste curso. Quedáronlle moi ben!!!!
domingo, 1 de noviembre de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Nestes intres, a nosa biblioteca está quedando vacía para a realización da reforma pero tiñamos que celebrar este día:
- Contos enredados
- Vídeos familias Ed. Infantil.
- O meu diario de lecturas
- Recoméndoche.
Como o tempo acompañou e para garantir as medidas de distancia e seguridade celebrámolo no patio coa escenificación duns CONTOS ENREDADOS que tiveron como protagonistas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. Fixérono moi ben e divertiron moito ao público.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da celebración...
Desde o blogue de Educación Infantil, animouse ás familias a mandar un pequeno vídeo no que as familias lle leran un conto a@s nen@s, así poderíamolo desfrutar nas aulas.
Aquí tedes o enlace aos vídeos enviados:
Tamén se iniciou a proposta "O MEU DIARIO DE LECTURAS" onde o alumnado irá recollendo nunha pequena ficha (acorde á súa idade) todos os libros que lerán neste curso, para realizar a final de curso unha pequena exposición con todos os cadernos elaborados.
Aquí están as fichas de cada ciclo:













































