viernes, 24 de noviembre de 2023
viernes, 17 de febrero de 2023
Mandas do Meco
Nesta semana tivemos que cumprir as mandas do Meco que xa comezaron o venres pasado coa primeira orde!
Faragullas íanos mandando traer cada día algo característico dun dos pintores que estamos traballando. Ao chegar ao cole, Faragullas esperábanos cumprindo a manda e atopábamnos cun gran lenzo en branco na parede cunha pequena biografía e algúns dos cadros máis significativos de cada un. Todos podíamos pintar e quedáronnos unhas obras marabillosas.
Se ides picando nas diferentes mandas poderedes acceder as fotos de cada día nas que se pode ver a Faragullas e ao alumnado caracterizado (algúns deles moi orixinais), os lenzos en branco, o proceso de pintado e o gran resultado final de cada un dos lenzos.
DÍA 1: Venres 10 de febreiro
sábado, 11 de febrero de 2023
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e na entrada á biblioteca temos unha selección de fondos moi relacionados co tema. Animádevos a ler a sobre a vida dalgunha das mulleres máis científicas da historia como Ada Lovelace, Marie Curie ou Amelia Earhart entre outras.
Ademáis todo o alumnado do centro participou no III CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DO CIM (Centro da Información á Muller) DA MANCOMUNIDADE SANTA ÁGUEDA que levaba por título ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE con motivo de ensalzar a figura da muller e a nena na ciencia. Quedáronlle uns traballos magníficos e estamos á espera de saber se algún deles resultou gañador!!!! Moi pronto vos amosaremos algúns deles.





