Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de enero de 2024

A que lle temos medo?

Durante o primeiro trimestre o alumnado de Educación Infantil estivo traballando no proxecto "A que lle temos medo". Así traballaron as emcións centrándose nos seus medos: pantasmas, bruxas, monstros, esqueletos, vampiros, situacións diversas.... elaborando un proxecto con esconxuros incluídos para tentar superalos e botalos fóra.

martes, 9 de enero de 2024

PREMIO IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

Hoxe estamos moi contentos porque, despois do gran traballo que fixemos o curso pasado e de todo o esforzo realizado, somos un dos 18 centros GAÑADORES do IX CONCURSO de TRABALLO por PROXECTOS realizados no curso 2022-2023. 

👏👏👏

O noso proxecto: "A pintura: pintores e pintoras" xunto con outros 17 máis, foron seleccionados (de entre os 90 presentados) e dotados con 2.00€ cada un.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!

🎉🎉🎉🥳🥳🥳

Se clicades no seguinte enlace poderedes acceder á publicación da resolución do concurso no blogue das bibliotecas escolares de Galicia, onde se poden ver todos os proxectos premiados e se poden descargar os mesmos!!

lunes, 16 de mayo de 2022

QUE INVENTO!

  O alumnado de Infantil está traballando neste terceiro trimestre no proxecto "Que invento" contando sempre coa colaboración da biblioteca. Mirade que expositor de libros máis completo lles quedou no seu recuncho de proxectos e o ben decoradas que deixaron as súas portas!!!

lunes, 4 de octubre de 2021

A PREHISTORIA

 O alumnado de Infantil está traballando no proxecto da Prehistoria contando sempre coa colaboración da biblioteca. Mirade que expositor de libros máis completo lles quedou no seu recuncho de proxectos!!