Mostrando entradas con la etiqueta saída. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saída. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de septiembre de 2025

VISITA Á CASA MUSEO RAMÓN OTERO PEDRAYO E CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Onte, fixemos unha saída á Casa Museo Otero Pedrayo, onde gozamos dunha xornada chea de cultura e diversión.

Visitamos a casa de Don Ramón e Andrea contounos moitas cousas sobre el e a súa vida en Cima de Vila. Quedáronnos moitas cousas por saber que iremos pescudando pouco a pouco ao longo deste curso porque o noso PDI deste ano estará centrado en Ramón Otero Pedrayo, xa que, o 2026 será ANO OTERIANO.

Ademais, desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, que nos atrapou coas súas historias e a súa maneira tan especial de comunicar, tamén o pasamos en grande con diferentes xogos nos espazos da Casa Museo.

Se clicades na imaxe accederedes a todas as fotos do día:

martes, 13 de mayo de 2025

Saída de fin de curso

Os días 8 e 9 de maio vivimos unha excursión que difícilmente esqueceremos. Visitamos FervenzAventura, un parque multiaventura situado en Silleda, onde o noso alumnado gozou dunha experiencia completa en contacto coa natureza.

Durante a xornada, participaron en actividades como senderismo, escalada, tirolina, bailes, contacto con animais, obradoiros de pan e chaveiros, e tamén nunha aula da natureza onde aprenderon curiosidades do medio que nos rodea.

 

Foi unha saída chea de emoción, aprendizaxe activa, compañeirismo e moitas risas. Un día para compartir, explorar e saír da rutina escolar dun xeito diferente e moi especial. Podedes ver o resto de imaxes da saída clicando na foto do pavo real que estaba entre os animais da granxa!

viernes, 18 de abril de 2025

VISITA Á CASA-MUSEO OTERO PEDRAYO

Como actividade de fin de trimestre e no marco do PDI do 50 aniversario do noso colexio, que leva con orgullo o nome de Otero Pedrayo, o venres 11, realizamos unha saída moi especial á súa Casa-Museo en Trasalba.

Ao longo da visita, o alumnado puido descubrir quen foi este autor tan relevante para a cultura galega, coñecer a súa vida e obra, e percorrer os espazos da súa vivenda, cheos de historia e memoria. A visita realizouse por quendas, permitindo que cada grupo recibise explicacións adaptadas e participativas.

Mentres tanto, nos xardíns, o resto do alumnado gozaba de diferentes xogos: populares, tradicionais e tamén modernos, nun ambiente de convivencia e lecer ao aire libre.

Picando na imaxe accederedes ás fotos do día e neste ENLACE tedes o vídeo resumo da visita!