lunes, 31 de mayo de 2021

URXENCIAS 112

Neste último trimestre, o alumnado máis cativo do centro estivo inmerso nun novo proxecto "Urxencias 112" e a biblioteca do Faragullas estivo moi presente. 
Aquí vos deixamos o recuncho organizado polas mestras de Infantil en colaboración coa biblioteca.
Ademais, aprendemos unha canción para aprender a reanimar. Neste vídeo, cántana en galego o alumnado de infantil e 1º ciclo de EP acompañados cos ukekeles por alumnado de 6º e a profe Cris. A canción orixinal foi elaborada por Marta Nonide, médico do SAMU Asturias e creadora de "RCP desde mi cole".








PEQUECHEF: Canto aprendemos!!

 O alumnado de Infantil aprendeu e traballou un montón no noso proxecto PEQUECHEF, aquí vos deixamos máis aportacións feitos por eles.































domingo, 30 de mayo de 2021

FEIRA DO LIBRO

O venres, día 28, por fin puidemos realizar a FEIRA DO LIBRO que tivemos que suspender en varias ocasións debido ao mal tempo!
Nesta actividade o alumnado "comprou" libros cuns vales que lles dimos. Podían escoller tres libros e un extra. Son libros que xa non estarán na biblioteca debido ao expurgo realizado na súa renovación. Moitos deles aínda os podemos atopar nela porque a gran maioría eran examplares repetidos.
O alumnado do 1º ciclo e de 3º ciclo foron os encargados de elaborar os cartaces que quedaron tan vistosos.
Se pinchades na imaxe teredes acceso a todas as fotos! Foi todo un  éxito!!


jueves, 27 de mayo de 2021

RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA!

 Despois dun longo e duro traballo, a biblioteca xa está moi renovada. 

Aínda quedan cousas por facer e Faragullas está por chegar pero aquí vos deixamos un vídeo do bonita que nos quedou!! 

Desexamos que vos guste!!


RECUNCHO INFANTIL E LECTURA INFORMAL!

Onte por fin veu o tapiceiro a rematar a noso recuncho favorito!!!👏👏

E hoxe o alumnado de Educación Infantil veu a estrenalo!!! 😍😍

Encantoulles!!












lunes, 24 de mayo de 2021

DESEÑO DO NOME DA BIBLIOTECA!

Xa temos gañador para o deseño do nome da bilblioteca: ANDREA de 5º de EP encargouse de elaboralo despois de que o seu deseño fose o elexido. PARABÉNS e GRAZAS polo teu traballo!!



Ademais, tamén temos a biblioteca sinalizada cos cartaces que nos enviou a Consellería de Educación:






jueves, 20 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 O alumnado de 3º e 4º elaborou dous cartaces para a conmemoración do día das Letras Galegas. Organizouse unha exposición de libros no exterior da bibioteca e fixéronse varias actividades:

  • Breve explicación da vida de Xela Arias por parte do alumnado máis novo do centro
  • Recitado dunha das súas traduccións máis famosas: Contos ao teléfono de Rodari
  • Canción do Himno Galego
  • Global Muiñeira bailada polo alumnado de 5º e 6º de EP
  • O alumnado de 3º e 4º expuxo os seus traballos sobre a autora na porta da súa aula (cartaces despregales)

Se picades na última imaxe poderedes ver as fotos da celebración.