Neste último trimestre, o alumnado máis cativo do centro estivo inmerso nun novo proxecto "Urxencias 112" e a biblioteca do Faragullas estivo moi presente.
Aquí vos deixamos o recuncho organizado polas mestras de Infantil en colaboración coa biblioteca.
Ademais, aprendemos unha canción para aprender a reanimar. Neste vídeo, cántana en galego o alumnado de infantil e 1º ciclo de EP acompañados cos ukekeles por alumnado de 6º e a profe Cris. A canción orixinal foi elaborada por Marta Nonide, médico do SAMU Asturias e creadora de "RCP desde mi cole".
No hay comentarios:
Publicar un comentario