domingo, 31 de mayo de 2026

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

No noso colexio levamos a cabo unha interesante actividade de Educación Viaria en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil.

Durante a xornada, a Garda Civil ofreceu unha charla ao alumnado sobre normas básicas de seguridade viaria, comportamento responsable na estrada e prevención de riscos. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer de preto un dos seus vehículos oficiais.

Por outra banda, Protección Civil organizou un circuíto práctico no que o alumnado puido poñer en práctica o aprendido utilizando os seus propios vehículos, como bicicletas ou patinetes, nun entorno seguro e adaptado.

Foi unha actividade moi dinámica e educativa que axudou a concienciar sobre a importancia da seguridade viaria desde idades temperás.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando na fotografía:

domingo, 17 de mayo de 2026

PETISCOS DE GALICIA

En colaboración co EDLG e con motivo do Día das Letras Galegas participamos na actividade colaborativa con outros 34 centros de Galicia: PETISCOS DE GALICIA.

Todo o alumnado elaborou, coa axuda da familia, unha receita das dúas escollidas: Orellas de Entroido e Polbo á Feiras coas súas anécdotas e curiosidades. Posteriormente, seleccionáronse e graváronse as máis axeitadas para o podcasts.

Se clicades nas seguintes imaxes, accederes a todas as receitas da actividade e ás receitas do noso cole.



ORELLAS DE ENTROIDO

POLBO Á FEIRA

miércoles, 13 de mayo de 2026

Visita á Ínsua dos Poetas

O venres pasado, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria desprazouse ata a Ínsua dos Poetas para participar na inauguración dun mural en honra a Ramón Otero Pedrayo.

Durante o acto, o alumnado do noso centro quixo renderlle homenaxe a Don Ramón cunha regueifa preparada especialmente para a ocasión, compartindo versos e palabras cargadas de emoción e admiración pola súa figura e legado.

Unha experiencia moi especial para seguir achegándonos á nosa cultura e ás figuras máis importantes da literatura e da historia galega.

Podes ver as imaxes desta actividade na nosa galería clicando no mural de Don Ramón!

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS

O pasado xoves, todo o alumnado e profesorado do centro  desprazámonos ata a Biblioteca Pública de Ourense, a biblioteca Nós, para coñecer as súas instalacións e descubrir como funciona este espazo tan importante para a lectura e a cultura.

Ademais da visita, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou nun divertido xogo de busca de pistas para coñecer mellor o entorno da biblioteca e os seus servizos.

Pola súa parte, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria foi recibido no IES Otero Pedrayo, onde puido visitar o seu museo e achegarse á súa historia e patrimonio.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando na seguinte fotografía:


miércoles, 6 de mayo de 2026

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA

 

Con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a José Suárez, fotógrafo natural de Allariz, desde a biblioteca do centro e dentro do programa de Bibliotecas Creativas, realizamos un Obradoiro de Fotografía Creativa.

A actividade foi impartida por Mark Ritchie, fotógrafo australiano afincado en Europa, quen guiou ao alumnado nunha experiencia artística moi especial. Cada neno e nena realizou unha fotografía simulando unha das súas afeccións e, posteriormente, decorouna con diferentes materiais plásticos e de refugallo, dando lugar a creacións únicas e moi persoais.

Unha proposta creativa que combinou arte, expresión e imaxinación.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando nas seguintes fotografías: