No noso colexio levamos a cabo unha interesante actividade de Educación Viaria en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil.
Durante a xornada, a Garda Civil ofreceu unha charla ao alumnado sobre normas básicas de seguridade viaria, comportamento responsable na estrada e prevención de riscos. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer de preto un dos seus vehículos oficiais.
Por outra banda, Protección Civil organizou un circuíto práctico no que o alumnado puido poñer en práctica o aprendido utilizando os seus propios vehículos, como bicicletas ou patinetes, nun entorno seguro e adaptado.
Foi unha actividade moi dinámica e educativa que axudou a concienciar sobre a importancia da seguridade viaria desde idades temperás.
Podes ver as imaxes desta actividade clicando na fotografía:

No hay comentarios:
Publicar un comentario