Mostrando entradas con la etiqueta museo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta museo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2026

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS

O pasado xoves, todo o alumnado e profesorado do centro  desprazámonos ata a Biblioteca Pública de Ourense, a biblioteca Nós, para coñecer as súas instalacións e descubrir como funciona este espazo tan importante para a lectura e a cultura.

Ademais da visita, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou nun divertido xogo de busca de pistas para coñecer mellor o entorno da biblioteca e os seus servizos.

Pola súa parte, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria foi recibido no IES Otero Pedrayo, onde puido visitar o seu museo e achegarse aínda máis polo miúdo á figura de Ramón Otero Pedrayo.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando na seguinte fotografía:


viernes, 3 de noviembre de 2023

XORNAL ESCOLAR: UN MUSEO NO COLEXIO

O pasado mércores voltamos a saír na prensa. Desta volta, no Xornal Escolar que publica La Región onde aparece unha reportaxe do noso museo e a visita de Menchu Lamas e Antón Pulido a principios de outubro. Saíron todos moi guapos!!! 💓



viernes, 13 de octubre de 2023

ACTO DE CLAUSURA DO NOSO MUSEO

O pasado martes día 10 de outubro tivemos o grandísimo honor de recibir no noso cole a Antón Pulido e Menchu Lamas, pintores traballados no noso proxecto o curso anterior. 

Antón Pulido xa nos acompañara no pasado mes de xuño contándonos moitas cousas da súa vida e da súa obra e con el inauguramos tanto o novo Espazo Creativo Antón Pulido coma o Noso pintoresco Museo.

Desta volta, veu acompañado pola súa amiga, a pintora Menchu Lamas e ámbolos dous estiveron abraiados co gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado. Recibímolos tocando e cantando a canción "Ao pasar por Amoeiro" versión realizada por unha alumna da coñecida canción "Ao pasar por Camariñas".

Ante a atenta mirada destes dous recoñecidos pintores e do alcalde do noso concello, todo o alumnado foi contando cousiñas dos pintores traballados e explicando todos os traballos realizados.  

A continuación Menchu Lamas falounos un pouquiño da súa vida e de como empezou a pintar. Despois abriuse unha rolda de preguntas que a artista estivo encantada de respostar. 

Finalmente, todos xuntos, cantamos a popular canción "A saia da Carolina".

Esta visita, serve como acto de clausura do noso museo e do noso proxecto xa que, temos que empezar con novo proxecto para este curso do que saberemos a súa temática moi pronto. Estade atentos!!!

MOITAS GRAZAS MENCHU LAMAS E ANTÓN PULIDO POR VISITARNOS!!!!

Se picades na segunda nova (porque tamén saimos na prensa 😊), poderedes acceder ás fotos do día.




miércoles, 21 de junio de 2023

VISITA GUIADA POLO MUSEO

No festival de verán ao que acudiron as familias xa puideron gozar do noso museo xa que se atopaba ubicado na entrada ao evento. Quedaron alucinados do moito que traballamos e do ben que o fixemos!!

Ademáis, aquí vos deixamos un enlace da xornada de posta en común do noso PDI: A Pintura: Pintores e Pintoras. 

Alumnos e alumnas de cada curso explicáronlles ao resto do alumnado que pintor e pintora traballaron, momentos clave da súa vida e as obras máis importantes e as que eles mesmos reproduciron. 

Ademáis na sala de Xulia Minguillón, que fixo un autorretraro coa súa cadela (La Tila y yo), atopámonos cunha exposición interactiva: cada neno trouxo unha fotografía coa súa mascota e reproduciuna nun cadro, metéronse as fotografías todas nun sobre e os outros cursos tiñan que ir adiviñando con que autorretrato se correspondía esa foto.

Se picades na primeira imaxe, poderedes acceder a todas as fotografías do acto:



martes, 20 de junio de 2023

O NOSO MUSEO

 Aquí vos deixamos un enlace ás fotografías do noso museo (picade na fotografía). Nel poderedes ver todos os cadros que se reproduciron dos pintores traballados pero tamén moitas obras do noso alumnado inspirados por ditos pintores. Desexamos que vos guste moito!!!

Infantil: Joan Miró e Menchu Lamas

1º de EP: Frida Kahlo e Luis Seoane

2º de EP: Antón Pulido e Carmen Rodríguez de Legísima

3º e 4º de EP: Salvador Dalí e Xulia Minguillón

5º e 6º: Maruja Mallo e Piet Mondrian

Na área de Eduación Artística nos cursos de Primaria: Pablo Picasso

lunes, 19 de junio de 2023

INAUGURACIÓN ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 E despois da súa charla con todos nós, pedímoslle a Antón Pulido que nos acompañara a inaugurar o espazo creativo que levará o seu nome. Foi unha gran sorpresa para el e emocionouse moito!!! Ao acto asistiron representantes da Asesoría de Biblioteca Escolares, do Concello, da Xunta de Galicia, da Consellería de Educación e de Inspección Educativa. Todos xuntos inauguraron o novo espazo e despois baixaron a coñecer o noso museo onde os esparaban todos os nenos e nenas do centro para cantarlles a canción "Ao pasar por Amoeiro" adaptada por Elvira da coñecida "Camariñas". Quedaron todos encantados. Despois visitaron o noso museo e quedaron abraiados da gran cantidade de obras e traballos que elaboramos durante todo o curso. 

Aquí vos deixamos o enlace (picando na foto) a algunhas das imaxes do día:


Ademáis tamén asinou no noso libro de firmas agasallándonos cunha fermosa ilustración e cunhas bonitas palabras.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!

sábado, 10 de junio de 2023

PREPARANDO A EXPOSICIÓN FINAL!!!

Estamos traballando arreo para ter listo o noso museo. Se picades na seguinte imaxe, poderedes ver todo o que estamos a traballar e como nos gusta pintar!!!

lunes, 27 de marzo de 2023

FICHA PINTOR/PINTORA

 Aquí temos as fichas que cada curso terá que cubrir do seu pintor e da súa pintora para expoñelas nas diferentes salas do museo que montaremos no mes de maio.