Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de septiembre de 2025

OBRADOIRO APÍCOLA

Hoxe, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial da man da Agrupación Apícola de Galicia. Durante a xornada, puideron aprender como é a vida das abellas, cal é o seu papel fundamental no ecosistema e como se produce o mel.🐝🐝

Ademais de aprender, tamén houbo tempo para experimentar: elaboraron candeas artesás con cera de abella e degustaron diferentes tipos de mel. Ademais, tamén nos agasallaron cun hotel para insectos.😍😍

Unha actividade moi doce e enriquecedora que espertou o interese e a curiosidade do noso alumnado. 👏👏


sábado, 26 de abril de 2025

MEL DE GALICIA

O alumnado do noso centro tivo a oportunidade de participar nunha interesantísima charla organizada polo Consello Regulador da IXP “Mel de Galicia”.

Durante a sesión, descubrimos o papel fundamental que teñen as abellas no equilibrio da natureza e na conservación da biodiversidade. Explicáronnos tamén, paso a paso, como se elabora o mel de Galicia, un produto único. Ademais agasalláronnos cun pequeno tarriño de mel e unha mochila a cada un dos participantes. Moitas grazas!

Foi unha actividade educativa, dinámica e moi doce, que nos deixou un sabor moi especial!

Se clicades na imaxe, accederedes a algunhas fotos do día!!!