domingo, 28 de febrero de 2021

La Superchef

Desde o Blogue de Educación Infantil, seguindo co noso proxecto Pequechef, animouse a todos os alumnos e alumnas a ler este libro no que Gala, unha nena moi especial, non se rinde ata conseguir o seu obxectivo. Ademais ao final do libro, veñen unhas propostas moi interesantes, sobre todo a de FRUTTI ARCO IRIS. Varios dos nosos nenos e nenas animáronse a meterse na cociña coa súa familia e pinchando 

AQUÍ 

podedes ver como nos amosaron os seus resultados.



jueves, 25 de febrero de 2021

Recuncho Pequechef

O alumnado de Educación Infantil xa comezou a traballar no proxecto Pequechef. Cada unha das dúas aulas de infantil xa conta co seu recuncho Pequechef no que se expoñen diferentes libros relacionados coa temática, novas recollidas dos medios de comunicación, fotografías de cociñeiros moi coñecidos e diferentes creacións que o alumnado vai realizando. 

Tamén visionaron a película Ratatouille que ten moito que ver co noso proxecto Pequechef e que lles encantou.




viernes, 19 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Este curso celebramos o Entroido disfrazándonos todos de CHEFS dentro do noso  proxecto PEQUECHEF!






Aquí vos deixamos co desfile que realizamos no cole. Esperamos que vos guste!!

Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º realizou un traballo de investigación sobre as distintas figuras do Entroido na provincia de Ourense. Plasmaron o seu traballo en LAPBOOKS (solapeiras) que lles quedaron moi chulos. No seguinte vídeo podedes ver o ben que lle quedaron:



lunes, 15 de febrero de 2021

Comezamos a montar a nova bibliteca!!!!

 Xa comezamos a poñer os estantes para as zonas de 2º e 3º ciclo e tamén parte da sección de Consulta.

A nosa bibilioeca vai collendo ritmo:





lunes, 8 de febrero de 2021

A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Desde o BLOGUE DE INFANTIL recoméndannos, dentro do noso proxecto PEQUECEF,  o libro A MELLOR SOPA DO MUNDO que tamén podemos desfrutar cunha canción moi chula.


Ademais, anímannos a realizar un taller de pinturas con vexetais. Aquí están os resultados:







lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

Este ano para celebrar o Día da Paz cantamos e coreografiamos, coa profe de música, varias cancións:

NON DUBIDARÍA: cantada por alumnado de 3º e 4º mentres conformaban o puzzle "Endexamais usar a violencia"


QUE BONITO ES QUERER: cantada por alumnado de 6º de EP e bailada por todo o centro.

TU ENEMIGO: Cantada por alumnado de 6º de primaria e bailada por todo o centro con BANDEIRAS feitas por eles mesmos.


EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA PAZ XUNTO CO PUZZLE E BANDEIRAS FEITAS POLO ALUMNADO E PROFESORADO



Por último deixámosvos unhas fotos dos bailes que fixemos.