sábado, 24 de diciembre de 2022

É O DÍA

 Aquí vos deixamos o vídeo da canción "É O DÍA" que o profe Xabi adaptou a partir da canción "Waving Flag".

No vídeo, canta o alumnado de 2º e 3º ciclo e pódense observar os debuxos elaborados por todo o alumnado de Primaria nos que plasman cal sería o seu mellor agasallo de Nadal.

BO NADAL!!! 🎄🎄
VÉMONOS NO 2023!!! 

viernes, 23 de diciembre de 2022

CELEBRANDO O NADAL

Á parte de decorar o centro nestos últimos días, o mércores e o xoves celebramos o Nadal no cole:
O mércores reunímonos todos na biblioteca para ver un vídeo do Apalpador e comentar entre todos quen é este personaxe galego do que poucos sabían verdadeiramente de quen se trataba. A profe Rosa realizou un bonito debuxo desta figura do Nadal que nos sorprendeu coa súa visita o xoves. 
Se picades no seguinte enlace podedes ver as fotos da visita do Apalpador:
O mércores tamén celebramos o noso mini festival de Nadal no patio cuberto:
- O alumnado de 5º e 6º de EP tocou e cantou a canción adaptada polo profe Xabi "É o día" a partir da canción "Waving Flag" de David Bisbal.
- A continuación tamén o fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP.
- Máis tarde o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha coreografía dun remix creado por eles mesmos.
- Por último, os nenos e nenas dos cursos máis altos fixeron acrosport guiados polo profe Miguel.
Se picades no seguinte enlace accederedes a todas as imaxes das actuacións:
Por último, o xoves, fixemos unha sesión de cinema con flocos de millo e todo!!!! Se picades no enlace podedes ver as fotografías do visionado da peli.

miércoles, 21 de diciembre de 2022

DESPEDIMOS AO PROFE XABI!!

 Hoxe despedimos ao profe Xabi 😢 porque mañá xa se incorpora a profe Cris 😀.

O alumnado de 1º de EP do que o profe Xabi é titor montoulle un fermoso vídeo de despedida. Ademais,  todos os alumnos e alumnas do cole fixéronlle uns preciosos debuxos para que nos recorde con agarimo.

Botarémolo moito de menos pero agardamos que nos faga algunha visita de vez en cando e nos poña ao día das súas novas publicacións.

Moita sorte no teu novo destino profe Xabi 😉


DECORACIÓN DE NADAL

Ademais de pintar e decorar as portas e fiestras do cole, xa temos a exposición de personaxes de Nadal montada na entrada do colexio. Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración; sodes grandes artistas!!!! Se clicades no enlace do fondo da páxina poderedes ver todas as creacións.

Por outra banda, todo o alumnado do cole participou na elaboración dunha gran árbore de Nadal relacionada co proxecto que se vai a levar a cabo este ano: "A Pintura: pintores e pintoras". Cada neno e nena pintou unha árbore debuxada con motivos representativos dalgún recoñecido pintor: 
  • Infantil pintou a árbore de Miró
  • Primeiro decorou a árbore de Picasso
  • Segundo coloreou a árbore de Kandinsky
  • Terceiro e Cuarto pintou a Hervé Tullet e Keith Haring
  • Quinto e Sexto coloreou a Van Gogh

E ESTE FOI O RESULTADO: INCRIBLE TRABALLO!!! 

PARABÉNS!!👏👏👏


martes, 20 de diciembre de 2022

DECORAMOS AS FIESTRAS E PORTAS DO COLE!!

Esta semana o alumnado do centro puido amosar a súa creatividade e as súas dotes artísticas pintando e decorando as fiestras e portas do colexio. Así de bonito e colorido quedou. 😍😍






















lunes, 19 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS NADAL 2022

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS RECOMENDACIÓNS DE NADAL ELABORADAS POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA DO FARAGULLAS. ANIMÁDEVOS E PEDÍDELLE UN LIBRO A PAPÁ NOEL, AOS REIS MAGOS OU A O APALPADOR.

BO NADAL!!! 


domingo, 18 de diciembre de 2022

Exposición Nadal

 Xa temos montada a exposición de Nadal cos títulos relacionados con esta data. Desexamos que desfrutedes con eles!!!

Ademáis a exposición de figuras de Nadal está sendo un éxito rotundo e podemos dicir que as familias de Amoeiro son moi creativas e orixinais. 



lunes, 5 de diciembre de 2022

NOVIDADES!!

Hoxe chegou ao cole un pedido moi especial: un lote de libros escritos por alguén que coñecedes moi ben: Xabier Domínguez Pérez, o profe Xabi.

Pedímoslle se por favor nos adicaba e nos asinaba todos os libros e fíxoo encantado. 

Tamén había varios que, aínda que non escribiu, foron publicados pola editorial da que forma parte: ANTELA EDITORIAL, que tamén nos asinou ilusionado. 

MOITAS GRAZAS PROFE XABI! 😊😊