sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN

 Hoxe festexamos Samaín no cole. Ademáis da gran exposición de PANTASMAS (clicade e verédela), organizamos unha gran busca do tesouro.

Comezamos no patio das filas, facendo grupos mixtos nos que había alumnado de todas as clases que levaban as chapas identificativas que estiveron elaborando as colaboradoras da biblioteca nesta semana:

Os grupos eran os seguintes:
1. VASOIRAS
2. PANTASMAS
3. SOMBREIROS
4. CABAZAS
5. CAVEIRAS
6. MORCEGOS
7. POTES

En cada grupo había un Capitán, un Secretario e un Encargado das Chapas. Cada grupo tiña que pasar polos sete obradoiros que estaban organizados selando en cada un deles a "compostela" que levaban, para poder conseguir no obradoiro final a chave que podería abrir a caixa secreta. 

Os obradoiros eran:

1. Cadeiras musicais


2. Manualidade "Monstro" na biblioteca


3. Tatuaxes

4. Experiencias TICrroríficas


5. Contacontos de medo no que os pequenos lle leron os pequenos contos aterradores da biblioteca e o alumnado de 2º leulle ao resto do seu grupo o conto que eles mesmos elaboraron durante esta semana. Quedoulles moi divertido!!


6. Coreografías aterradoras

7. Xogos de Samaín 


Cando todos os grupos tiveron a súa chave, volvimos a xuntarnos no patio cuberto para tentar abrir a caixa que contiña pistas para adiviñar a temática do PDI deste curso.


Dentro da caixa había unha paleta, pinceis, pinturas e cadros en minituara, polo que, non tardaron en descubrir que o PDI deste curso será "A pintura: pintores e pintoras".  
E para comezar co proxecto en Samaín, que mellor que facer un "photocall" co cadro "O GRITO" de Munch. Todo o alumnado pasou por el e quedaron uns cadros espectaculares. 

Temos que agradecerlle á profe ROSA o seu gran traballo facendo a réplica: 
MOITAS GRAZAS!! 😀😀

Por último proclamáronse os gañadores e gañadoras do Concurso de Relatos de Terror no que participou o alumnado de 2º e 3º ciclo aos que se lle deu tamén un pequeno agasallo:

 Daniel, Inés, Sarah e Lidia. 
PARABÉNS A TODOS!!! 👏👏👏

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no cole.
Este curso contamos co noso mestre de 1º, Xabier Domínguez Pérez, que tamén é escritor e editor e aceptou a invitación da biblioteca do Faragullas para festexar este día con nós.
 Moitas grazas profe Xabi!! 😀😀
Ademáis veu acompañado de moitos dos seus libros:
Co alumnado de infantil e 1º ciclo organizou un contacontos dos seus libros máis infantís cos que desfrutaron moito: Naturizo, O Xigante de Allariz e Fronteiras de Papel. 
 Co resto de alumnado levou a cabo dous pequenos obradoiros: un sobre como nace e se crea un libro cos que animou aos rapaces e ás rapazas á escribir e outro de escritura creativa cos que pasamos un momento divertido, mágoa que non dira tempo a máis.


Ademáis agasallounos e adicounos un dos seus libros: 
MOITÍSIMAS GRAZAS!!! 👏👏
Por último, tamén comezaron a súa viaxe ás mochilas viaxeiras. 
Desexamos que desfrutes delas!!! 😊

Obradoiro de chapas!

O venres, 28 de outubro, celebraremos no cole o Samaín e como preparativo estivemos confeccionando unhas chapas que nos van facer falta para levar a cabo a actividade que temos pensada. 
Seguro que vos vai gustar!!
Grazas aos colaboradores e voluntarios da biblioteca polo seu gran traballo!! 👏👏👏









viernes, 21 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

O próximo luns, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e coma todos os anos xa temos todo preparado para festexalo. 

Este ano visítanos un mestre, escritor e editor galego de literatura infantil e xuvenil que publicou varios libros entre os que destacan contos infantís ilustrados que gozan dunha moi boa acollida entre a cativada e varias novelas xuvenís nas que mestura fantasía e realidade coas que desfrutan pequenos e maiores. 
Co alumnado máis novo levará a cabo un contacontos seguido dunha pequena charla sobre o día das bibliotecas; e co alumnado dos cursos altos organizará dous pequenos obradoiros: un sobre como nace e se crea un libro e outro de escritura creativa.
Podedes adiviñar de quen se trata?🤔🤔

Ademáis, un ano máis, darémoslle saída ás mochilas viaxeiras que xa están listas para comezar a súa viaxe. Desexamos que desfrutedes coa selección de lecturas que van nelas.


miércoles, 19 de octubre de 2022

EXPOSICIÓN SAMAÍN

 Coma todos os anos, xa temos preparada na porta da biblioteca, a exposición de lecturas recomendadas para o Samaín e temos que dar as grazas aos voluntarios e voluntarias que participaron no Obradoiro de Letras porque o fixeron un  gran traballo e aquí está o resultado. 

GRAZAS!!!