jueves, 23 de junio de 2022

ACTOS DE FIN DE CURSO

 E coma todos os anos, este curso chegou ao seu fin. Para celebrar o remate do mesmo organizamos dous días diferentes de actuacións e diversión.

O MARTES 21 celebramos o noso peculiar festival de fin de curso con Aitana e Andrea de presentadoras:

- 4º e 5º de Educación Infantil interpretou a canción "Eu son un artista"

- 6º de Educación Infantil interpretou con letra adaptada a canción "Mamma Mía".

- 1º e 2º de EP cantou e bailou a canción "Bajo el mismo sol"

- 3º e 4º de EP bailou a canción "Más Macarena"

- 5º e 6º fixo unha orixinal parodia da película GREASE ademáis dun par de coreografías montadas por eles mesmos.

A continuación realizáronse os actos de graduación tanto de 6º de Ed. Infantil como de 6º de Ed. Primaria. Estes últimos tiveron unhas bonitas palabras para cada un dos mestres e mestras do centro. 

Por último a ANPA do cole fixo entrega, dun xeito moi divertido, dun vale para facer un rocódromo. Se picades neste ENLACE podedes ver o vídeo do momento.

O MÉRCORES 23 adicámolo a diferentes obradoiros polo que foron pasando todos os curso do cole:

- Na biblioteca organizáronse diferentes obradoiros para cada ciclo:


- Enfronte da aula de música, bailamos coas "Cadeiras Musicais"

- No patio cuberto xogamos o pano

- No ximnasio xogamos co paracaídas

- No corredor montamos un circuito con neumáticos, aros, patinetes e carrilanas.

Para rematar asistimos ao visionado da memoria do curso elaborada polo profe Miguel (moitas grazas por ese traballón). 

Bo Verán a todos, vémonos en setembro e ...

MOITA SORTE tanto ao alumnado como ao profesorado que deixa o cole.


Moi pronto colgaremos o resto de fotos desta semana, estade atentos.

viernes, 17 de junio de 2022

MURAL PDI O ESPAZO

 Acordádesvos do I Concurso Creativo de Deseño para Muro Exterior con motivo do Día do Libo e temática do noso PDI (O ESPAZO)? 

Pois houbo moitos seleccionados!!! Entre todos os debuxos presentados seleccionados diferentes ítems de varios traballos e, despois de moito traballo por parte de todo o alumnado coordinados pola profe Rosa, este foi o resultado. 

Esperamos que sexa o primeiro anaco de muro decorado de moitos e que, nos vindeiros cursos, poidamos pintar máis partes deste muro exterior para deixalo tan espectacular coma este.


Se picades na imaxe veredes o proceso de elaboración do mesmo por parte do alumnado e profesorado.

jueves, 16 de junio de 2022

EXPOSICIÓN PDI O ESPAZO

 O pasado mércores realizouse unha exposición/obradoiro relacionada co Espazo. Esta actividade culmina o PDI que estivemos levando a cabo todo o ano. Tanto o alumnado como o profesorado divertiuse aprendendo variedade de cousas sobre o Espazo.

Como remate do proxecto, esta exposición estivo dividida en sete recantos polos que foi pasando cada grupo-clase ao longo do día.

1. PLANETARIO: O noso Sistema Solar colgaba do teito e ao carón estaban as características tanto de cada planeta coma do Sol e da Lúa. Neste obradoiro o alumnado de Infantil xogaba a un Bingo Espacial no que repasaban todo o vocabulario que aprenderon neste curso. O alumnado de Primaria completaba unha misión espacial na que tiñan que ir buscando as respostas a unhas preguntas: cando respondían correctamente dábaselle a peza dun puzzle que tiñan que completar ao remate: Diversión asegurada!



2. ESPAZO DIXITAL: Neste recuncho había colocados uns códigos QR cos que o alumnado accedía a varias aplicacións: nunhas podían ir creando un planeta e noutras a través da Realidade Aumentada seguían coñecendo diferentes curiosidades sobre o espazo. Contaban con seis tablets e tres ordenadores nos que podían coñecer máis datos da Terra a través de Google Earth. 

3. ARTENAUTAS MUSICAIS: A onde te leva esta música? A música "espacial" soaba e o alumnado ía pintando nuns lenzos o que lle transmitía a melodía. Quedaron verdadeiras obras de arte. 

4. VIAXANDO AO ESPAZO: Este recuncho estaba formado por un gran foguete que nos serviu de photocall polo que pasou todo o alumnado e tamén estaban expostos os foguetes que fixeron todos os nenos e nenas do cole. Ademáis, un astronauta espido esperábaos para que o axudasen a vestilo coas diferentes partes do seu traxe espacial (parte e nome).

5.. CONTOS ESPACIAIS: Nesta pequena biblioteca o alumnado ía lendo os diferentes contos espaciais cooperativos que se elaboraron polo Día do Libro en cada grupo-clase. Ademáis tamén había diferentes contos e libros informativos sobre o espazo.

6. EXPERIMENTOS: Neste recuncho o alumnado foi realizando diferentes experimentos e manualidades. Fixeron bolsas sensoriais espaciais, tarros que contiñan o espazo e diferentes constelacións con tiza, escarvadentes e plastilina. Ademáis podían xogar con foguetes móbiles ao redor dos planetas e crear cráteres lunares a partir de rochas e fariña. Encantoulles! 






7. XOGO ESCORNAUTA: Adaptación do xogo "Escornapirata" co que, por equipos e cun taboleiro como base, tiñan que chegar ao planeta Amoeiro evitando os diferentes obstáculos que lles poñían os rivais. Aquí tedes un pequeno vídeo dos escornautas intentando chegar ao seu destino.

lunes, 13 de junio de 2022

II EXPOSICIÓN DE DIARIOS DE LECTURA

 Hoxe organizamos a II Exposición de Diarios de Lectura. 

Durante todo o curso o alumnado do centro foi cubrindo unhas fichas dos libros que ían lendo dacordo coa súa idade. Ao final montaron cadanseu "Diario de Lectura". 

É o segundo curso que se organiza e, igual que o curso pasado, foi un éxito!! 









viernes, 3 de junio de 2022

PLANETARIO MÓBIL

 HOXE TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA RELACIONADA CO NOSO PDI DO ESPAZO:

CONTAMOS CUN PLANETARIO MÓBIL POLO QUE TODOS OS CURSOS FORON PASANDO POR QUENDAS!!! 

Primeiro viron unha película no cine 360ª e despois descubriron o SISTEMA SOLAR.

Os primeiros foron os de EI que visualizaron a película TOPOS na que se abordan os conceptos de día, noite, Sol, Lúa e estrelas.

Logo, 1º e 2º de EP viron "EL COHETE DE CARTÓN" na que se relata a viaxe duns nenos a través do Sistema Solar viaxando de planeta en planeta e explicando as característica de cada un.

A continuación 3º e 4º de EP viron o corto "Explorando o Sistema Solar" no que se viaxa a diferentes escenarios do Sistema Solar.

Por último 5º e 6º visualizaron "La formación del  Sistema Solar" no que se explica formación do Sol e os planetas e a historia do Sistema Solar.

Para rematar a xornada, fixeron un obradoiro de astronáutica lanzando foguetes espacias e despois convertéronse eles mesmos en elementos do Sistema Solar.

ENCANTOUNOS E PASÁMOLO MOI BEN!!🪐🪐🌜🌜🌞🌞⭐⭐

Se picades na imaxe do planetario podedes acceder ás diferentes fotos e vídeos do día, pero aquí vos deixamos un adianto:

miércoles, 1 de junio de 2022

DESCUBRINDO AS MAKEY-MAKEY

 O alumnado de 3º ciclo tivo varias sesións nas que aprenderon a programar con SCRATCH e descubriron as posibilidades das MAKEY-MAKEY para rematar montando unha guitarra de cartón que fixeron soar grazas á papel de aluminio que actúou como condutor.

Primeiro descubrion o programa SCRATCH e estiveron creando a través da programación con esta ferramenta:



Despois, vimos e experimentamos co programa SCRATCH asociado ás MAKEY-MAKEY:




E por último, elaboramos a guitarra con cartón e papel de aluminio para facela soar empregando todo o traballado ata agora.




Aquí vos deixamos o vídeo do ben que soaba a guitarra: