Mostrando entradas con la etiqueta Reforma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reforma. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de junio de 2023

Seguen as obras e as reformas!!

 E seguimos avanzando na, ata agora denominada Aula Covid ou Aula de Acollida Temperá. Fixádevos que ben está quedando!!! Estade moi atentos porque seguiremos informando.



jueves, 5 de mayo de 2022

REMODELACIÓN DO CORREDOR ENFRONTE DA BIBLIOTECA

 Como a nosa biblioteca se nos queda pequena estivemos remodelando o corredor que temos enfronte dela para colocar alí os xogos que fomos adquirindo neste curso e os fondos informativos con CDU 0: dicionarios, enciclopedias, etc.

Tamén cambiamos os armarios de metal que había por outros máis funcionais e motivadores. Aínda queda traballo por facer pero este corredor XA PARECE OUTRO!

Seguiremos pasando algunhas seccións para este lugar das que xa vos iremos informando!!!

Aquí vos deixamos o antes e o despois da remodelación:

ANTES!!!




DESPOIS!!




lunes, 22 de noviembre de 2021

Novos estantes

 Hoxe veu o carpinteiro traer máis mesas novas  e montarnos uns novos estantes na biblio porque temos tantos libros que lle temos que facer máis sitio.

Quedaron moi ben!!!💓







martes, 9 de noviembre de 2021

Novas luminarias e falso teito

Xa remataron as obras e agora temos novas luminarias que lle dan moita máis luz á biblioteca. Ademáis, montaron falto teito que ademáis de ser un bo illante térmico 👍 tamén é un excelente illante acústico e nótase a diferenza 👂. A única desvantaxe á hora de montalo, foi que nos tapou un pouquiño a nosa árbore de novidades, unha mágoa! 😓





jueves, 4 de noviembre de 2021

OBRAS NA BIBLIOTECA

Debido ás obras para a colocación de teito desmontable e a instalación de novas luminarias, a biblioteca permanecerá pechada ata novo aviso. Contamos que sexan só dous ou tres días. 



jueves, 27 de mayo de 2021

RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA!

 Despois dun longo e duro traballo, a biblioteca xa está moi renovada. 

Aínda quedan cousas por facer e Faragullas está por chegar pero aquí vos deixamos un vídeo do bonita que nos quedou!! 

Desexamos que vos guste!!


RECUNCHO INFANTIL E LECTURA INFORMAL!

Onte por fin veu o tapiceiro a rematar a noso recuncho favorito!!!👏👏

E hoxe o alumnado de Educación Infantil veu a estrenalo!!! 😍😍

Encantoulles!!












lunes, 24 de mayo de 2021

DESEÑO DO NOME DA BIBLIOTECA!

Xa temos gañador para o deseño do nome da bilblioteca: ANDREA de 5º de EP encargouse de elaboralo despois de que o seu deseño fose o elexido. PARABÉNS e GRAZAS polo teu traballo!!



Ademais, tamén temos a biblioteca sinalizada cos cartaces que nos enviou a Consellería de Educación:






miércoles, 12 de mayo de 2021

DESEÑO DO NOME DA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca case está lista, quedan só unhas cousiñas para que estea rematada. Unha delas é deseñar o nome que irá na porta da biblioteca. O alumnado de 5º E 6º púxose mans á obra e de entre todos os posibles deseños xa temos gañador. Estade atentos!!!! Aquí vos deixamos algúns dos deseños presentados: