martes, 24 de octubre de 2023

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECA ESCOLARES!!!

Hoxe, 24 de outubro, é o día das Bibliotecas Escolares.

"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades" 

"A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e  quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse".

No cole, ímolo celebrar o próximo martes día 31 e xa imos tendo todo preparado. Haberá sorpresas!!!

Non volo podedes perder!!!😜😜



LECTURAS ATERRADORAS PARA SAMAÍN

E seguimos traballando para festexar o SAMAÍN.

Desta volta, organizamos unha exposición de 

"Lecturas Aterradoras"

 á entrada á Biblioteca do Faragullas. 

Quedou arrepiante!








martes, 17 de octubre de 2023

OBRADOIRO DE CHAPAS PARA SAMAÍN

No cole xa estamos preparando todo para celebrar o SAMAÍN. Esta semana tocou obradoiro de chapas para organizar os grupos que participarán nos diferentes obradoiros que se realizarán o día 31 de outubro. 
Grazas ao alumnado do terceiro ciclo por participar voluntariamente na súa confección.




viernes, 13 de octubre de 2023

ACTO DE CLAUSURA DO NOSO MUSEO

O pasado martes día 10 de outubro tivemos o grandísimo honor de recibir no noso cole a Antón Pulido e Menchu Lamas, pintores traballados no noso proxecto o curso anterior. 

Antón Pulido xa nos acompañara no pasado mes de xuño contándonos moitas cousas da súa vida e da súa obra e con el inauguramos tanto o novo Espazo Creativo Antón Pulido coma o Noso pintoresco Museo.

Desta volta, veu acompañado pola súa amiga, a pintora Menchu Lamas e ámbolos dous estiveron abraiados co gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado. Recibímolos tocando e cantando a canción "Ao pasar por Amoeiro" versión realizada por unha alumna da coñecida canción "Ao pasar por Camariñas".

Ante a atenta mirada destes dous recoñecidos pintores e do alcalde do noso concello, todo o alumnado foi contando cousiñas dos pintores traballados e explicando todos os traballos realizados.  

A continuación Menchu Lamas falounos un pouquiño da súa vida e de como empezou a pintar. Despois abriuse unha rolda de preguntas que a artista estivo encantada de respostar. 

Finalmente, todos xuntos, cantamos a popular canción "A saia da Carolina".

Esta visita, serve como acto de clausura do noso museo e do noso proxecto xa que, temos que empezar con novo proxecto para este curso do que saberemos a súa temática moi pronto. Estade atentos!!!

MOITAS GRAZAS MENCHU LAMAS E ANTÓN PULIDO POR VISITARNOS!!!!

Se picades na segunda nova (porque tamén saimos na prensa 😊), poderedes acceder ás fotos do día.




lunes, 2 de octubre de 2023

DIARIO DE LECTURAS (FICHAS)

Como xa é habitual, retomamos a actividade "O MEU DIARIO DE LECTURA" na que cada neno/nena elabora unha pequena ficha (acorde coa súa idade) cando remata de ler un libro. Este curso actualizamos estas fichas facéndoas máis motivadoras e contando coa nosa mascota Faragullas en todas elas. Esperamos que vos gusten os novos formatos!!

Ao remate do curso montaremos os diarios de lectura coas fichas feitas por cada neno/a e faremos unha gran exposición. Non vola podedes perder!!!!

INFANTIL


PRIMEIRO CICLO


SEGUNDO CICLO


TERCEIRO CICLO