sábado, 6 de junio de 2026

REGUEIFA OTERIANA

O alumnado de 6º de EP foi o encargado de crear unha regueifa sobre o Ano Oteriano e a figura de Ramón Otero Pedrayo. Posteriormente o alumnado de 2º e 3º ciclo gravou a regueifa na aula de música e cantárona cando foron inaugurar o mural sobre Otero Pedrayo na Ínsua dos Poetas e tamén lla cantaron a Andrea cando nos veu visitar co documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe"

Se clicades no seguinte enlace, accederedes ao audio do REGUEIFA

DOCUMENTAL OTERO PEDRAYO E PARLADOIRO CON ANDREA

 Onte, grazas á Fundación Ramón Otero Pedrayo, puidemos visionar o documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe". A continuación, levouse a cabo un parladoiro con Andrea no que lle amosamos todo o que traballamos este curso sobre Otero Pedrayo e ela nos respondeu moi amablemente coma sempre a todas as preguntas que tiñamos preparadas sobre Don Ramón e a Casa-Museo de Trasalba.

Se clicades na imaxe accederedes ás fotos do día.

CARICATURAS OTERIANAS MURO EXTERIO

 Onte comezamos a preparar un dos muriños do patio para realizar un gran mural coas caricaturas de Ramón Otero Pedrayo que realizará todo o alumnado. 

Ademais no trociño do lado, os DISEÑATAS tamén farán os seu propio mural da visión que eles teñen de Don Ramón.

Estade moi atentos para ver o resultado.



PHOTOCALL RAMÓN OTERO PEDRAYO

Dentro das actividades realizadas con motivo do Ano Oteriano, elaborouse un photocall colaborativo:
- O alumnado de infantil realizou a base do photocall coa técnica papel-maché.
- O alumnado de primaria investigou un pouco máis sobre Otero Pedrayo e seleccionaron palabras clave sobre a súa vida e obra. O alumnado de infantil foi o encargado de plasmalas no photocall.
- O alumnado de 5º e 6º elaborou pequenas composicións escritas que foron gravadas coa radio escolar.
- Finalmente, adxuntáronse uns códigos QR que levan ás gravacións sobre Otero Pedrayo.

viernes, 5 de junio de 2026

EXPOSICIÓN OTERO PEDRAYO

 Ao longo de todo o curso fomos poñendo os nosos materiais, libros e traballos na exposición que organizamos sobre Ramón Otero Pedrayo en fronte da porta da biblioteca.  

Hai moitos libros de Don Ramón, caricaturas, traballiños, fichas, retratos pop art, o libro colaborativo,  etc.

Temos que agredecer á mestra de Relixión, Fátima, pola súa gran aportación á biblioteca do centro: o recente libro de Pablo López Barxas adicado polo propio autor:

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!







LIBRIÑOS OTERO PEDRAYO

Despois de moito investigar e afondar na figura de Otero Pedrayo, organizáronse uns libriños co traballo realizado. Se clicades no título, podedes acceder tamén aos PDFs con todas as fichas elaboradas: