martes, 23 de junio de 2026

GRADUACIÓNS DE INFANTIL E PRIMARIA

O final de curso tamén nos deixou dous momentos moi especiais: as graduacións do alumnado que remata Educación Infantil e do alumnado de 6º de Educación Primaria.

Foron actos cargados de emoción, recordos e ilusión, nos que puidemos celebrar o final dunha etapa e o comezo doutra chea de novas oportunidades. Familias, profesorado e compañeiros acompañaron aos protagonistas nun día que quedará gardado na memoria de todos.

Desde a biblioteca do Faragullas quixemos sumarnos a esta celebración cun detalle moi especial: cada neno e nena recibiu un libro como agasallo. Porque somos un centro que aposta firmemente pola lectura como unha ferramenta fundamental para aprender, imaxinar e medrar, e consideramos que achegar os libros ao noso alumnado é unha inversión imprescindible.

Con este pequeno xesto queremos seguir sementando o amor pola lectura e lembrar que cada páxina é unha oportunidade para descubrir, soñar e gozar. Porque ler non é só unha actividade escolar, senón un hábito indispensable que enriquece ás persoas e as acompaña durante toda a vida.

Ao alumnado que remata Infantil, desexámoslle unha fantástica etapa en Primaria, chea de novas aprendizaxes e historias por descubrir. E aos nosos alumnos e alumnas de 6º, moita sorte na súa nova aventura no instituto. Agardamos que os libros sigan sendo os seus compañeiros de viaxe nesta nova etapa.

Parabéns a todos e todas por este importante logro!

Podes ver as imaxes destes momentos tan especiais na seguinte ligazón!

No hay comentarios:

Publicar un comentario