domingo, 20 de septiembre de 2026

A POSTALERÍA DA VÍA DA PRATA

O pasado venres, o alumnado de primaria do noso cole, desprazouse ata o Campo do Souto para participar na iniciativa "A Postalería da Vía da Prata" enmarcada dentro do proxecto O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia que busca compartir a beleza da Vía da Prata a través do envío gratuíto de postais.

O alumnado achegouse ao Campo, elexiu unha postal, escribiu a súa  mensaxe e enviouna de forma totalmente gratuíta desde a caixa de correos habilitada na propia instalación.

O proxecto dispón dun panel expositor con 24 postais deseñadas a partir do traballo do fotógrafo Adolfo Enríquez, que amosan paisaxes, oficios e tradicións vinculadas á Vía da Prata.

Unha experienica para compartir, aprender e levar un anaquiñdo Camiño moito máis alá da Vía da Prata. Clicando no seguinte enlace podemos ver un vídeo resumo da xornada e clicando na seguinte fotografía accederemos a algunas imaxes do día.


jueves, 10 de septiembre de 2026

BENVIDA AO CURSO 2026-2027

Benvidos e benvidas a un novo curso na biblioteca do Faragullas. Xa estamos traballando arreo preparando as diferentes presentacións para as formacións de usuarios, organizando os bibliopatios deste curso e preparando as mochilas viaxeiras para que vaian de casa en casa a partir do Día das Bibliotecas Escolares. Non vos despistedes porque ademais xa temos o tema para o noso PDI deste ano. Estade atentos e atentas que en breve desvelaremos a temática elexida.

MOI BO CURSO 2026-2027!!!