domingo, 29 de noviembre de 2020

25N: Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Coma todos os anos celebramos este 25 de Novembro con diversas actividades:

- Bailar a canción: "Todos somos iguales" (Educación Infantil)

- Cantar e representar con linguaxe de signos "La Puerta Violeta" (Educación Primaria)

- Mural "Vacínate contra a violencia" onde cada alumn@ deixa a súa pinga chea de debuxos e de palabras contra a violencia

- Traballo por aulas cos libros

  1. "Rosa Caramelo" de Adela Turín: Infantil e 1ºciclo Primaria. Lectura e debate con dito libro configurando un mural coas diferentes "elefantas" decoradas por cada alumn@.
  2. "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa" de Estela Moreno Bermúdez: 2º ciclo de Primaria. Lectura crítica e confección dun pequeno traballo indivula coa protagonistas da historia.
  3. "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey: 3º ciclo de Primaria. Lectura en voz alta e charla coloquio sobre o libro.
A continuación deixamos algunhas fotos desta celebración e o vídeo que editamos con todo o alumnado cantando en linguaxe de signos "La Puerta Violeta"


Libros traballados por aulas

Charla coloquio en 3º ciclo

Traballo co libro Pepuka

Traballo co libro de Pepuka

Traballo co libro Pepuka

Traballo co libro Pepuka

Parte do mural Rosa Caramelo

Alumnado de EI coas súas "elefantas"

Alumnado de EI coas súas elefantas

Alumnado de 1º ciclo coas súas elefantas.

Mural: Vacínate contra a violencia
Pingas das vacinas do mural
Mural: vacínate contra a violencia

Cantamos "La Puerta Violeta"

Cantamos "La Puerta Violeta"

Linguaxe de signos "La Puerta Violeta"

Linguaxe de signos "La Puerta Violeta"

Linguaxe de signos "La Puerta de Violeta"
Baile "Todos somos iguales"

Baile "Todos somos iguales"

Baile "Todos somos iguales"

Baile "Todos somos iguales"


domingo, 15 de noviembre de 2020

SAMAÍN

 Aínda que a biblioteca segue pechada (á espera de que veñan poñer a tarima), fixemos unha selección aterradora de libros para organizar unha pequena exposición na entrada do colexio.

Tamén fixemos un concurso de relatos terroríficos dirixido a 5º e 6º de EP e lecturas aterradoras no mesmo ciclo.

Para rematar, organizouse un obradoiro de antifaces.

A continuación deixámosvos algunhas das fotos destas actividades:

















domingo, 1 de noviembre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Nestes intres, a nosa biblioteca está quedando vacía para a realización da reforma pero tiñamos que celebrar este día:

  • Contos enredados
  • Vídeos familias Ed. Infantil.
  • O meu diario de lecturas
  • Recoméndoche.

Como o tempo acompañou e para garantir as medidas de distancia e seguridade celebrámolo no patio coa escenificación duns CONTOS ENREDADOS que tiveron como protagonistas ao alumnado de 5º  e 6º de Primaria. Fixérono moi ben e divertiron moito ao público.

 Aquí vos deixamos algunhas fotos da celebración...










Desde o blogue de Educación Infantil, animouse ás familias a mandar un pequeno vídeo no que as familias lle leran un conto a@s nen@s, así poderíamolo desfrutar nas aulas.

Aquí tedes o enlace aos vídeos enviados:

Vídeos familias


Tamén se iniciou a proposta "O MEU DIARIO DE LECTURAS" onde o alumnado irá recollendo nunha pequena ficha (acorde á súa idade) todos os libros que lerán neste curso, para realizar a final de curso unha pequena exposición con todos os cadernos elaborados.

Aquí están as fichas de cada ciclo:






Por último, pedíuselle a todos os nenos que recomendaran o seu libro favorito aos seus compañeiros a través dun pequeno debuxo da portada do libro. Pronto vos ensinaremos o resultado.