Mostrando entradas con la etiqueta Otero Pedrayo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Otero Pedrayo. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de junio de 2026

MURAL "ANO OTERIANO"REMATADO

E aquí vos deixamos o resultado do mural exterior. O primeiro anaco foi feito pola asociación "Diseñatas" da asociación formada por persoas con discapacidade  DISEÑARTE.

Os outros dous trociños son as caricaturas de Otero Pedrayo feitas por todo o alumnado do centro.

Quedounos chulísimo!!!

sábado, 6 de junio de 2026

REGUEIFA OTERIANA

O alumnado de 6º de EP foi o encargado de crear unha regueifa sobre o Ano Oteriano e a figura de Ramón Otero Pedrayo. Posteriormente o alumnado de 2º e 3º ciclo gravou a regueifa na aula de música e cantárona cando foron inaugurar o mural sobre Otero Pedrayo na Ínsua dos Poetas e tamén lla cantaron a Andrea cando nos veu visitar co documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe"

Se clicades no seguinte enlace, accederedes ao audio do REGUEIFA

CARICATURAS OTERIANAS MURO EXTERIO

 Onte comezamos a preparar un dos muriños do patio para realizar un gran mural coas caricaturas de Ramón Otero Pedrayo que realizará todo o alumnado. 

Ademais no trociño do lado, os DISEÑATAS tamén farán os seu propio mural da visión que eles teñen de Don Ramón.

Estade moi atentos para ver o resultado.




E xa temos aquí o resultado:

PHOTOCALL RAMÓN OTERO PEDRAYO

Dentro das actividades realizadas con motivo do Ano Oteriano, elaborouse un photocall colaborativo:
- O alumnado de infantil realizou a base do photocall coa técnica papel-maché.
- O alumnado de primaria investigou un pouco máis sobre Otero Pedrayo e seleccionaron palabras clave sobre a súa vida e obra. O alumnado de infantil foi o encargado de plasmalas no photocall.
- O alumnado de 5º e 6º elaborou pequenas composicións escritas que foron gravadas coa radio escolar.
- Finalmente, adxuntáronse uns códigos QR que levan ás gravacións sobre Otero Pedrayo.

martes, 28 de abril de 2026

LIBRO COLABORATIVO ANO OTERIANO


Con motivo do día do libro, 23 de abril, e xa que estamos inmersos no PDI do Ano Oteriano, todo o centro elaborou un libro colaborativo sobre Otero Pedrayo e aquí tedes o resultado. 😍😍
Cada clase elexiou un tema e traballou arreo durante moitos meses para plasmar agora os resultados:

§   4º e 5º B Infantil: Parte creativa

§   5º B e 6º Infantil: Biografía básica

§   1º EP: Casa-Museo, Fundación Otero Pedrayo

§   2º EP: Otero e Ourense

§  3º EP: O seu legado hoxe

§  4º EP: A súa obra literaria

§  5º EP: O galeguismo

§  6º EP: As súas frases e citas máis célebres.














jueves, 23 de abril de 2026

FELIZ DÍA DO LIBRO

 



Nesta semana estamos a realizar diferentes actividades para celebar o Día do Libro:

- As familias de Educación Infantil que así o desexen colaborarán co centro e virán contar un contiño aos máis cativos.

- Onte tivemos un contacontos con Caxoto Miñoto do que subiremos as imaxes moi pronto.

- Hoxe realizaremos os xa tradicionais "apadriñamentos lectores" nos que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP lle contará un conto ao alumnado máis novo do centro.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

domingo, 8 de febrero de 2026

CARICATURAS OTERO PEDRAYO

 Esta semana, con motivo do día da Ilustración, tivemos obradoiro de caricaturas de Otero Pedrayo na Biblioteca do Faragullas e quedaron unhas obras de arte preciosas.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Se clicades nalgunha das seguintes imaxes, poderedes acceder ás fotografías do día.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/galeria/thumbnails.php?album=73

viernes, 18 de abril de 2025

VISITA Á CASA-MUSEO OTERO PEDRAYO

Como actividade de fin de trimestre e no marco do PDI do 50 aniversario do noso colexio, que leva con orgullo o nome de Otero Pedrayo, o venres 11, realizamos unha saída moi especial á súa Casa-Museo en Trasalba.

Ao longo da visita, o alumnado puido descubrir quen foi este autor tan relevante para a cultura galega, coñecer a súa vida e obra, e percorrer os espazos da súa vivenda, cheos de historia e memoria. A visita realizouse por quendas, permitindo que cada grupo recibise explicacións adaptadas e participativas.

Mentres tanto, nos xardíns, o resto do alumnado gozaba de diferentes xogos: populares, tradicionais e tamén modernos, nun ambiente de convivencia e lecer ao aire libre.

Picando na imaxe accederedes ás fotos do día e neste ENLACE tedes o vídeo resumo da visita!