sábado, 30 de abril de 2022

Apadriñamentos lectores

 Este vernes celebramos o apadriñamento lector que vimos realizando todos os anos por estas datas.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leulle un conto ao alumnado de Educación Infantil e ao de 1º e 2º de EP. Estes últimos agasallaron aos seus padriños e madriñas cun marcapáxinas elaborado por eles mesmos.

Aquí vos deixamos as fotos dos marcapáxinas e se picades nelas podedes acceder á galería con todas as fotos do día.

martes, 26 de abril de 2022

ESPAZO MAKER

 Presentámosvos parte do ESPAZO MAKER porque pouco a pouco vai medrando e vaisenos quedando pequeno. Haberá que ir pensando a maneira de amplialo.





martes, 19 de abril de 2022

I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO DE MURO EXTERIOR

 Faragullas xa anuncia o I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O ESPAZO. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

viernes, 8 de abril de 2022

DESCUBRIMOS NOVOS XOGOS CREATIVOS NA BIBLIO

 Seguimos aumentando a nosa colección de xogos para a nosa "ludoteca" e desta volta tocaron xogos creativos. Pasárono pipa inventando, creando e construíndo os nosos rapaces e rapazas.







NOVA NOVIÑA

Neste mes do libro, tivemos a oportunidade de desfrutar do espectáculo NOVA NOVIÑA: Unha mestura de teatro e música en directo coa pianista e compositora María Mendoza e a actriz Nate Borrajo que nos levaron nunha viaxe polo tempo e o espazo: Atopámonos co Principiño e axudámoslle a pintar un año, descubrimos que á Bela Adormecida non lle roubaron un bico, vimos o noso planeta desde moi lonxe e descubrimos como sanalo e, o máis importante de todo, aprendimos que podemos ser o que queiramos ser: domadoras de formigas voadoras, sopradores de caracois, astronautas....

pICANDO NA IMAXE PODEDES ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS:


Modelo Características Planetas

 Aquí podedes ver a Ficha Modelo que empregaremos para recoller as características de cada planeta de cara á exposición final.

martes, 5 de abril de 2022

EN ABRIL, LIBROS MIL

 O 23 de abril e o Día do Libro e no centro imos celebralo no mes do libro. 

Comezamos cunha exposición de libros de ficción sobe o noso PDI: o espazo.


 

Poderemos desfrutar dun espectáculo moi espacial: NOVA NOVIÑA

Tamén se vai confeccionar un libro por curso no que terán que inventar unha historia ou conto relacionado co noso PDI (o espazo). Será elaborado por todos os nenos e nenas do curso, comezará un e irán continuando a historia, un por un, os outros rapaces.

Tamén se fará o apadriñamento lector que tanto botamos de menos coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinenentes.

Por último, organizarase o I Concurso Creativo para Deseño do Muro Exterior con motivo do Día do Libro e con temática do noso PDI.