sábado, 27 de noviembre de 2021

Celebración do 25N

 Despois de moito traballar nas diferentes aulas e na biblioteca, celebramos o 25N coas seguintes actuacións:

- Montaxe do xardín do BO TRATO enchendo os corredores do colexio con todas as flores elaboradoas polo alumnado e profesorado do centro.

Se picades na imaxe, accederedes ao resto de fotos da celebración.

- Reconstrucción do conto "O chuvasqueiro de Aurora". O alumnado de Infantil e 1º e 2º de EP encargouse de ilustralo e o alumnado de 3º e 4º de EP de narralo.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP interpretou a canción de Aitana, "Ni una más" facendo un espectacular teatro de sombras.


- Escenografía por parte de todo o cole da canción "Depende de los Dos".

lunes, 22 de noviembre de 2021

Novos estantes

 Hoxe veu o carpinteiro traer máis mesas novas  e montarnos uns novos estantes na biblio porque temos tantos libros que lle temos que facer máis sitio.

Quedaron moi ben!!!💓







domingo, 14 de noviembre de 2021

Preparación do 25 Novembro

 Acércase o día 25N, e xa podedes desfrutar, na entrada da biblio, dunha selección de lecturas relacionadas co día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Ademáis, Faragullas anímavos a todos a pasar pola biblioteca nos leceres para decorar a vosa flor para poñela no Xardín do Bo Trato que se vai plantar na entrada do colexio. Animádevos a participar!!!






sábado, 13 de noviembre de 2021

NOVIDADES IGUALDADE E 25N

Aquí vos deixamos o folleto coas últimas adquisicións referidas á Igualdade entre homes e mulleres. Ademáis, tamén mercamos unha selección de libros para traballar o día 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.


viernes, 12 de noviembre de 2021

SESIÓNS DE FORMACIÓN USUARIOS

Nestos días, para irnos familiarizando coa nosa renovada biblioteca, leváronse a cabo varias sesións de formación de usuarios. A continuación deixámosvos algunhas fotos das actividades:

INFANTIL:



PRIMEIRO CICLO:

SEGUNDO CICLO:

TERCEIRO CICLO


jueves, 11 de noviembre de 2021

Canción Faragullas

Hoxe, por fin, podemos ensinarvos a canción que a profe Cris lle fixo a Faragullas. Cántaa o alumnado de 3º de EP e colaboran os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de EP. Quedou chulísima!!! 😍😍

Moitísimas grazas a todos!!👏👏

Magosto

 Onte celebramos o Magosto no colexio e dende a biblioteca contribuímos a facer as chapas para os gañadores das carreiras do San Martiño e tamén as medallas conmemorativas para todos os participantes. Se queredes ver o ben que o pasamos todos, pinchade no seguinte enlace.

FOTOS MAGOSTO





martes, 9 de noviembre de 2021

Novas luminarias e falso teito

Xa remataron as obras e agora temos novas luminarias que lle dan moita máis luz á biblioteca. Ademáis, montaron falto teito que ademáis de ser un bo illante térmico 👍 tamén é un excelente illante acústico e nótase a diferenza 👂. A única desvantaxe á hora de montalo, foi que nos tapou un pouquiño a nosa árbore de novidades, unha mágoa! 😓





lunes, 8 de noviembre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como xa sabedes, o domingo 24 de outubro celebrouse o día das Bibliotecas Escolares e no colexio celebrámolo o xoves 21 coa visita de Diego O Calvorota e o seu espectáculo "Un rato máxico": un show interactivo de maxia educativa onde mestura o ilusionismo co contacontos e os títeres, fomentando a imaxinación e a participación, co obxectivo fundamental de animación á lectura. Así foinos contando varios contos: Nube Branca quere ser astronauta, O Patiño Feo, O Polbiño Darío ou O segredo de Misikuk entre outros e fíxenos uns trucos de maxia que nos deixaron abraiados.
 Ademáis tamén sacou algún voluntario como podedes ver nas fotos.

Despois da súa actuación, presentamos oficialmente a Faragullas. Foi un éxito!! Aquí tedes o vídeo do momento:
A continuación, o alumnado de 3º de EP xunto coa profe Cris e os máis pequenos do cole cantaron a canción que ela mesma compuxo para a ocasión. Pronto poderedes cantala todos, ESTADE ATENTOS!

Tamén repartimos o tríptico informativo da nosa biblioteca co funcionamento e as normas da mesma.

Tamén, puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras": un neno/a de cada curso levou a mochila correspondente para a súa casa durante dez días. Asímesmo, retomamos a actividade "O meu diario de lecturas" para poder facer unha gran exposición a final de curso con todos os diarios.

Por último cada curso sacou unha foto con Faragullas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do día pero podedes velas TODAS no seguinte enlace: