Mostrando entradas con la etiqueta mesa de luz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mesa de luz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de mayo de 2023

ACTIVIADES COA MESA DE LUZ

Hoxe estivemos experimentando coa mesa de luz, aprendendo máis cousas sobre as cores. 

Primeiro xogaron cos dicos de cores e miramos que pasaba se lle cambiabamos a cor de fondo á mesa, estaban moi sorprendidos.

Despois estiveron decorando unhas mandalas cos discos e estivemolas cambiando de cor. Gustoulles moito a actividade!!!






viernes, 27 de mayo de 2022

MESA DE LUZ

 Nesta semana tivemos varias sesións coa mesa de luz nas que a coñecemos e exploramos as súas posibilidades:

Os primeiros en probala foron os nenos e nenas de 1º ciclo: primeiro observaron todas as cores que reflicte e despois xogamos a agrupar os discos por cores e a recollelos cos imáns: Encantóulles a actividade e quedaron moi sorprendidos polas propiedades dos imáns.

Os seguintes foron os alumnos e alumnas de infantil que mentres uns probaban a mesa de luz, outros xogaban a construir con bloques de cores traslúcidos que máis tarde levaríamos á mesa de luz.

Os máis pequenos xogaron cos discos: agrupáronos por cores, superpoñeron uns a outros e viron os cambios de cor que isto producía, encheron os números con discos e recolléronos cos imáns: encantoulles a todos!!! 

A continuación, levaron as súas construccións á mesa de luz e puidemos ver que, ao cambiar a luz de fondo da mesa, cambiaban tamén a cor dos bloques!!! Sorprendeunos moito!

Cos máis maiores, ademáis de todo o anterior, fixemos unha sopa de letras cos discos traslúcidos. Aproveitando o noso PDI, a sopa era dos PLANETAS.

Aquí vos deixamos as imaxes destas actividades: