Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de septiembre de 2025

VISITA Á CASA MUSEO RAMÓN OTERO PEDRAYO E CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Onte, fixemos unha saída á Casa Museo Otero Pedrayo, onde gozamos dunha xornada chea de cultura e diversión.

Visitamos a casa de Don Ramón e Andrea contounos moitas cousas sobre el e a súa vida en Cima de Vila. Quedáronnos moitas cousas por saber que iremos pescudando pouco a pouco ao longo deste curso porque o noso PDI deste ano estará centrado en Ramón Otero Pedrayo, xa que, o 2026 será ANO OTERIANO.

Ademais, desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, que nos atrapou coas súas historias e a súa maneira tan especial de comunicar, tamén o pasamos en grande con diferentes xogos nos espazos da Casa Museo.

Se clicades na imaxe accederedes a todas as fotos do día:

jueves, 31 de octubre de 2024

Samaín (posta en marcha do PDI)

Onte, día 30 de outubro celebramos Samaín pola mañá e o Día das Bibliotecas Escolares pola tarde. 

Coma nos últimos curso, organizáronse 7 grupos mixtos que ían pasando polos 7 obradoiros organizados.

GRUPOS: 

VASOIRAS
POTES
BRUXAS
CABAZAS
PANTASMA
CAVEIRAS
MORCEGOS

OBRADOIROS:
Experimento (volcán en erupción)
Conto "Corre, Corre Cabaciña"
Manualidade: marcapáxinas de medo
Tatuaxes terroríficas
Cadeiras musicais
Coreografías espeluznantes
Xogos con ollos

En cada obradoiro polo que pasaban, ían selando as compostelas e no último, despois de comprobar que tiñan todos os selos, obtiñan unha peza dun puzzle que terían que montar entre os 7 grupos para conseguir a combinación que abría o cofre do tesouro coas pistas para o PDI deste curso: "Estamos de aniversario: 50 anos do cole".

Este é o puzzle que tiñan que montar e a combinación que abría a cofre era o ano de nacemento de Ramón Otero Pedrayo: 1888. No cofre había obxectos para a celebración de aniversarios (candeas, gorros...), libros de 1974 e libros de Ramón Otero Pedrayo.

Se clicades no seguinte enlace podedes ver todas as fotos do día: FOTOS SAMAÍN

jueves, 15 de febrero de 2024

FOTOS ENTROIDO

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da celebración do Entroido que, por mor das condicións climatolóxicas, tivemos que realizar no cole. Se clicades nesta primeira imaxe do mural, poderedes acceder a todas as fotografías do día e tamén a algún vídeo do noso peculiar desfile coa batucada preparada pola profe Rebeca 🎉🎉🎉🎉🥳🥳🥳.

Tivemos personaxes de conto do máis variopinto, desde Peter Pan ao lobo de moitas historias pasando polos personaxes de Alicia no país das Marabillas ou O Mago de Oz, o Gato con Botas ou Robin Hood entre outros. Clicade no mural e non vos perdades ningún.

E estade moi atentos porque en breve, subiremos o vídeo íntegro do desfile/pasarela que fixeron todos os nenos e nenas do cole. Son uns auténticos artistas!!!!



viernes, 19 de enero de 2024

martes, 9 de enero de 2024

PREMIO IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

Hoxe estamos moi contentos porque, despois do gran traballo que fixemos o curso pasado e de todo o esforzo realizado, somos un dos 18 centros GAÑADORES do IX CONCURSO de TRABALLO por PROXECTOS realizados no curso 2022-2023. 

👏👏👏

O noso proxecto: "A pintura: pintores e pintoras" xunto con outros 17 máis, foron seleccionados (de entre os 90 presentados) e dotados con 2.00€ cada un.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!

🎉🎉🎉🥳🥳🥳

Se clicades no seguinte enlace poderedes acceder á publicación da resolución do concurso no blogue das bibliotecas escolares de Galicia, onde se poden ver todos os proxectos premiados e se poden descargar os mesmos!!

viernes, 22 de diciembre de 2023

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Por aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras para este Nadal para que lle pidades os libros que máis vos gusten a Papá Noel, ao Apalpador e aos Reis Magos. 

Gozade coas lecturas!!💕








viernes, 15 de diciembre de 2023

ÁRBORE DE NADAL E ESTRELAS

 Este ano para a decoración de Nadal, pedimos a colaboración das familias para elaborar estrelas. Coma sempre, trouxeron auténticas obras de arte. 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 👏👏

As  estrelas colocáronse nun recuncho do patio cuberto á beira dunha árbore de Nadal de madeira que foi elaborada polo profe Alberto. 

GRAZAS! 😊

A árbore foi decorada con postais feitas polo alumnado imitando as portadas de libros relacionados co Nadal que podemos atopar na biblioteca do Faragullas e a carón da árbore colocáronse uns agasallos cos nomes dos autores de ditos libros. Así, seguimos traballando co noso proxecto sobre escritores e escritoras dos nosos contos vinculándoo coa decoración de Nadal. 

Cada clase traballou tres libros (postal/portada e agasallo/autor)

- 4º e 5º de Infantil: 

"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"- José Mª Heras Varela

"Un agasallo para Naturizo" - Alba de Evan e Xabier Domínguez 

"¿Cómo baja Papá Noel por la chimenea?" - Mac Barnett

- 6º de Infantil:

"Óscar, o unicornio, cómese o Nadal" - Lou Carter

"Unha casa para o inverno" - Alba de Evan e Xabier Domínguez

"O Nadal de Ernesto e Clementina" - Gabrielle Vincent

- 1º de EP

"Cómo atrapar a un elfo" - Adam Wallace

"Sempre Nadal" - Desirée Acevedo

"Feliz Narvidad" - Ben Clanton

- 2º de EP

"La Navidad de los Cinco" - Enid Blyton

"Mortiña: o amigo pantasma" - Bárbara Cantini

"O Apalpador e a nena sen medo" - Celtia Figueiras

- 3º de EP

"Contos de Nadal" - Manuel Rivas

"El muñeco que anunció la Navidad" - Jesús Ballaz

"Te regalo mi cumpleaños" - Seve Calleja

- 4º de EP

"Papá (Noel) Bruce" - Ryan T. Higgins

"Es Navidad Stilton" - Elisabeta Dami

"Perro apestoso: Feliz Navidad" - Gutman Colas

- 5º e 6º de EP

"Noche de Paz o casi" - Jordi Sierra i Fabra

"Los trapos sucios (Manolito Gafotas)" - Elvira Lindo

"Noite de Reis en Kalpankalá" - Xosé A. Perozo

viernes, 24 de noviembre de 2023

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O pasado luns, día 13 de novembro, tivemos a actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS na que o alumnado a partir de 2º curso de EP axudou a confeccionar o mural que agora preside a porta do cole con Naturizo como protagonista. QUEDOU PRECIOSO!!! 😍😍😍Este mural está elaborado con pinturas fotocatalícas anticontaminación que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire achegando ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna a través da arte. 👏👏👏


Así esta actividade serviu de enlace entre o PDI do curso pasasdo (A Pintura: pintores e pintoras) e o PDI deste curso (Escritores e escritoras dos nosos contos) empezando a traballar con Xabier Domínguez, autor de Naturizo. 


Ademais, dentro da mesma actividade, todo o alumnado do centro pintou a súa bolsa de tea empregando pinturas especiais. O tema tiña que estar orientado ao medioambiente: aos árbores, aos bosques ou á protección da natureza e quedaron unhas auténticas obras de arte e todas moi creativas. 💕


Podedes ver as fotos do día picando na foto final do mural:


sábado, 11 de noviembre de 2023

Vídeos celebración Día Das Bibliotecas Escolares

 Aquí vos deixamos os vídeos da celebración do día das Bibliotecas Escolares. A ver se sodes quen de adiviñar o conto antes de que remate cada conto.

Acordádevos que en lugar de dicir o nome do protagonista do conto (sería moi fácil de acertar) sempre din o nome de Faragullas.

4º E 5º INFANTIL:


6º INFANTIL

1º PRIMARIA


2º PRIMARIA:


3º PRIMARIA


4º PRIMARIA


5º E  6º PRIMARIA

viernes, 3 de noviembre de 2023

XORNAL ESCOLAR: UN MUSEO NO COLEXIO

O pasado mércores voltamos a saír na prensa. Desta volta, no Xornal Escolar que publica La Región onde aparece unha reportaxe do noso museo e a visita de Menchu Lamas e Antón Pulido a principios de outubro. Saíron todos moi guapos!!! 💓



miércoles, 1 de noviembre de 2023

CELEBRACIÓN DE SAMAIN E DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte, 31 de outubro, celebramos o Samaín no cole e aproveitamos a festa para celebrar tamén o día das bibliotecas escolares: pola mañá organizamos unha busca do tesouro con diferentes obradoiros aterradores e pola tarde representamos diversos contos na biblioteca e sairon as mochilas viaxeiras para as primeiras casas da súa viaxe.

Xa para entrar ao colexio tiñamos que deternos a observar a gran "Exposición de Gatos Negros" que se organizou desde o cole pero na que as familas tiveron o papel protagonista: Menudos artistas están feitos!!!! 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!👏👏👏👏

Coma o curso pasado, comezamos no patio das filas, facendo gruPos mixtos nos que había alumnado de todas as clases que levaban as chapas identificativas que estiveron elaborando as colaboradoras da biblioteca nesta semana:

Os grupos eran os seguintes:
1. VASOIRAS
2. PANTASMAS
3. SOMBREIROS
4. CABAZAS
5. CAVEIRAS
6. MORCEGOS
7. POTES

En cada grupo había un Capitán, un Secretario e un Encargado das Chapas. Cada grupo tiña que pasar polos sete obradoiros que estaban organizados selando en cada un deles a "compostela" que levaban, para poder conseguir no obradoiro final a chave que podería abrir a caixa secreta que contiña as pistas para descubrir cal sería o PDI deste curso.

Os obradoiros eran:

1. Tatuaxes na aula de 1º

2. Cadeiras musicais no hall de infantil


3. Coreografías arrepiantes na aula de música


4. Ricas vasoiras de bruxa no patio cuberto


5. Xogos con "ollos" no ximnasio

6. Monstro aterrador na aula Pulido

7. Contos de medo na biblioteca


Cando todos os grupos tiveron a súa chave, volvimos a xuntarnos no patio cuberto para tentar abrir a caixa que contiña pistas para adiviñar a temática do PDI deste curso.


Na caixa estaba Naturizo, un cunco para a sopa, unha frauta, un espello, unha mazá, unha cesta e uns papeis cun bolígrafo. Ao principio non entendían a relación pero ao fin decatáronse de que tiña que ver cos contos e cos folios en branco deduciron o tema:

ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS

E eles mesmos foron dicindo os contos aos que correspondía cada obxecto: Naturizo, Riciños de Ouro, O frautista de Hamelín, Brancaneves e os sete ananiños e Carapuchiña Vermella.

Gustou moito a idea e están ansiosos por comezar a investigar e traballar!!!


Pola tarde xuntámonos todos na biblioteca para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares. Durante a semana anterior cada grupo/clase preparou dous contos moi coñecidos e sen sabelo xa estaban traballando no proxecto.

 Cada grupo representou unha escena dos contos escollidos e todos os demais tiñamos que adiviñar de que conto se trataba. Para non dar moitas pistas, se tiñan que dicir o nome do protagonista, na representación empregaban o nome de Faragullas no seu lugar. 

Fixérono todos xenial e adiviñamos todos os contos!!

4º e 5º de Infantil: Os Tres Porquiños e "A Ovelliña que veu a cear.

6º de Infantil: Carapuchiña Vermella e A boneca de Lucas

1º de EP: Os sete cabritiños e Corre, corre Cabaciña.

2º de EP: Guapa e Cocorico

3º de EP: Animalotes e Brancaneves e os sete ananiños

4º de EP: O fratuista de Hamelín e A Bela e a Besta

5º e 6º de EP: Daniela Pirata e O Principiño


Estade atentos que colgaremos os vídeos das diferentes actuacións!!


Por último, fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos primeiros alumnos e alumnas de cada curso para que as levaran para a casa. Teñen 10 días para gozar delas! Aproveitádeos!!


Se queredes ver todas as fotos do día só tedes que facer click no seguinte enlace:


FOTOS SAMAÍN E DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

viernes, 13 de octubre de 2023

ACTO DE CLAUSURA DO NOSO MUSEO

O pasado martes día 10 de outubro tivemos o grandísimo honor de recibir no noso cole a Antón Pulido e Menchu Lamas, pintores traballados no noso proxecto o curso anterior. 

Antón Pulido xa nos acompañara no pasado mes de xuño contándonos moitas cousas da súa vida e da súa obra e con el inauguramos tanto o novo Espazo Creativo Antón Pulido coma o Noso pintoresco Museo.

Desta volta, veu acompañado pola súa amiga, a pintora Menchu Lamas e ámbolos dous estiveron abraiados co gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado. Recibímolos tocando e cantando a canción "Ao pasar por Amoeiro" versión realizada por unha alumna da coñecida canción "Ao pasar por Camariñas".

Ante a atenta mirada destes dous recoñecidos pintores e do alcalde do noso concello, todo o alumnado foi contando cousiñas dos pintores traballados e explicando todos os traballos realizados.  

A continuación Menchu Lamas falounos un pouquiño da súa vida e de como empezou a pintar. Despois abriuse unha rolda de preguntas que a artista estivo encantada de respostar. 

Finalmente, todos xuntos, cantamos a popular canción "A saia da Carolina".

Esta visita, serve como acto de clausura do noso museo e do noso proxecto xa que, temos que empezar con novo proxecto para este curso do que saberemos a súa temática moi pronto. Estade atentos!!!

MOITAS GRAZAS MENCHU LAMAS E ANTÓN PULIDO POR VISITARNOS!!!!

Se picades na segunda nova (porque tamén saimos na prensa 😊), poderedes acceder ás fotos do día.




miércoles, 21 de junio de 2023

VISITA GUIADA POLO MUSEO

No festival de verán ao que acudiron as familias xa puideron gozar do noso museo xa que se atopaba ubicado na entrada ao evento. Quedaron alucinados do moito que traballamos e do ben que o fixemos!!

Ademáis, aquí vos deixamos un enlace da xornada de posta en común do noso PDI: A Pintura: Pintores e Pintoras. 

Alumnos e alumnas de cada curso explicáronlles ao resto do alumnado que pintor e pintora traballaron, momentos clave da súa vida e as obras máis importantes e as que eles mesmos reproduciron. 

Ademáis na sala de Xulia Minguillón, que fixo un autorretraro coa súa cadela (La Tila y yo), atopámonos cunha exposición interactiva: cada neno trouxo unha fotografía coa súa mascota e reproduciuna nun cadro, metéronse as fotografías todas nun sobre e os outros cursos tiñan que ir adiviñando con que autorretrato se correspondía esa foto.

Se picades na primeira imaxe, poderedes acceder a todas as fotografías do acto:



martes, 20 de junio de 2023

ESTREANDO ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

E hoxe, despois da gran inauguración que fixemos o luns do "Espazo Creativo Antón Pulido", por fin puidemos estreala. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades desfrutar das fotografías. PICADE NO MURO LEGO. 

En setembro, máis e mellor!!