Mostrando entradas con la etiqueta Desfile. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Desfile. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de marzo de 2025

DESFILE DE ENTROIDO!

 O venres tivemos o desfile de Entroido deste curso e, como o tempo nos acompañou, recorremos as rúas de Amoeiro cos nosos mellores traxes. Este ano o tema do PDI é o 50 aniversario do cole e pedímoslle a toda a comunidade que se disfrazara desta temática (festas de aniversario) e, como sempre, non defraudaron: a orixinalidade estivo moi presente neste entroido tan colorido.

MOITAS GRAZAS E PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO! 👏👏👏

Se clicades na imaxe da pancarta deste curso accederedes ás fotos do día:

sábado, 18 de febrero de 2023

Entroido: Desfile

Onte, día 17 de febreiro fomos ao cole disfrazados en relación a temática do noso PDI: A Pintura: Pintores e Pintoras e houbo de todo: pintores, cadros, paletas...

O alumnado do 3º ciclo foi o encargado de elaborar a pancarta que levamos no desfile: Quedoulles fenomenal!

Aquí vos deixamos algunhas das fotos do día, pero se picades na foto grupal podedes acceder a todas elas!

BO ENTROIDO!!!!

viernes, 19 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Este curso celebramos o Entroido disfrazándonos todos de CHEFS dentro do noso  proxecto PEQUECHEF!






Aquí vos deixamos co desfile que realizamos no cole. Esperamos que vos guste!!

Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º realizou un traballo de investigación sobre as distintas figuras do Entroido na provincia de Ourense. Plasmaron o seu traballo en LAPBOOKS (solapeiras) que lles quedaron moi chulos. No seguinte vídeo podedes ver o ben que lle quedaron: