jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!

 Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Na entrada a biblioteca podedes ver un mural formado por unha banda polo retrato de Rosalía de Castro elaborado por Antón Pulido, pintor sobre o que está a investigar o alumnado de 2º, e por outra banda unhas flores pintadas e decoradas por alumnado voluntario na biblioteca no lecer de hoxe.

Ademáis todos os cursos foron pasando pola biblioteca para montar dous puzzles de Rosalía: un para os pequenos de 100 pezas e outro para os maiores de 500. 

Aquí podedes ver algunhas fotos do día:





lunes, 20 de febrero de 2023

GENIALLY: MONDRIAN E MARUJA MALLO

 O alumnado do 3º ciclo están a investigar os pintores Piet Mondrian e Maruja Mallo. En grupos, comezaron a familiarizarse coa ferramenta Genially e elaboraron un para cada pintor. É incrible que sexa a primeira vez que traballan con esta utilidade porque lles quedou perfecto!!

PARABÉNS!!!

GENIALLY PIET MONDRIAN

GENIALLY MARUJA MALLO


sábado, 18 de febrero de 2023

Entroido: Desfile

Onte, día 17 de febreiro fomos ao cole disfrazados en relación a temática do noso PDI: A Pintura: Pintores e Pintoras e houbo de todo: pintores, cadros, paletas...

O alumnado do 3º ciclo foi o encargado de elaborar a pancarta que levamos no desfile: Quedoulles fenomenal!

Aquí vos deixamos algunhas das fotos do día, pero se picades na foto grupal podedes acceder a todas elas!

BO ENTROIDO!!!!

viernes, 17 de febrero de 2023

Mandas do Meco

 Nesta semana tivemos que cumprir as mandas do Meco que xa comezaron o venres pasado coa primeira orde! 

Faragullas íanos mandando traer cada día algo característico dun dos pintores que estamos traballando. Ao chegar ao cole, Faragullas esperábanos cumprindo a manda e atopábamnos cun gran lenzo en branco na parede cunha pequena biografía e algúns dos cadros máis significativos de cada un. Todos podíamos pintar e quedáronnos unhas obras marabillosas.

Se ides picando nas diferentes mandas poderedes acceder as fotos de cada día nas que se pode ver a Faragullas e ao alumnado caracterizado (algúns deles moi orixinais), os lenzos en branco, o proceso de pintado e o gran resultado final de cada un dos lenzos.

DÍA 1: Venres 10 de febreiro

DÍA 2: Luns 13 de febreiro
DÍA 3: Martes 14 de febreiro
DÍA 4: Mércores 15 de febreiro
DÍA 5: Xoves 16 de febreiro

sábado, 11 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e na entrada á biblioteca temos unha selección de fondos moi relacionados co tema. Animádevos a ler a sobre a vida dalgunha das mulleres máis científicas da historia como Ada Lovelace, Marie Curie ou Amelia Earhart entre outras.

Ademáis todo o alumnado do centro participou no III CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DO CIM (Centro da Información á Muller) DA MANCOMUNIDADE SANTA ÁGUEDA que levaba por título ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE con motivo de ensalzar a figura da muller e a nena na ciencia. Quedáronlle uns traballos magníficos e estamos á espera de saber se algún deles resultou gañador!!!! Moi pronto vos amosaremos algúns deles. 

miércoles, 8 de febrero de 2023

AUTORRETRATOS DE MIRÓ

 O alumnado de Infantil realizou uns autorretratos de Joan Miró (pintor que eles están traballando) que expuseron no corredor da súa aula e que lles quedaron así de ben.

 😍😍

Se picades na primeira imaxe veredes a exposición destes autorretratos no gran MUSEO FINAL!


ADEMÁIS OS MÁIS PEQUENOS MONTARON O SEU PROPIO RETRATO DE PINTOR E QUEDARON XENIAIS!!!

lunes, 6 de febrero de 2023

Día da Paz

 O día 30 xaneiro celebramos no colexio o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz". Como xa anunciamos no post anterior, entre todos os nenos e nenas do cole pintamos unha gran pomba da paz  que nos serviu de escenario para as actividades que desenvolvemos:

- Cada neno decorou unha capa cunha mensaxe para a PAZ que despois dixeron diante de todos. Neste vídeo resumo podedes ver as actividades realizadas neste día.

- Elaboraron un antifaz de pomba para bailar a canción "Libertad" de Neil Moliner que podedes ver no seguinte vídeo: 

- O alumnado de 2º e 3º ciclo  interpretou a canción "SOMOS":