sábado, 11 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e na entrada á biblioteca temos unha selección de fondos moi relacionados co tema. Animádevos a ler a sobre a vida dalgunha das mulleres máis científicas da historia como Ada Lovelace, Marie Curie ou Amelia Earhart entre outras.

Ademáis todo o alumnado do centro participou no III CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DO CIM (Centro da Información á Muller) DA MANCOMUNIDADE SANTA ÁGUEDA que levaba por título ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE con motivo de ensalzar a figura da muller e a nena na ciencia. Quedáronlle uns traballos magníficos e estamos á espera de saber se algún deles resultou gañador!!!! Moi pronto vos amosaremos algúns deles. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario