Mostrando entradas con la etiqueta Sistema Solar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sistema Solar. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de junio de 2022

MURAL PDI O ESPAZO

 Acordádesvos do I Concurso Creativo de Deseño para Muro Exterior con motivo do Día do Libo e temática do noso PDI (O ESPAZO)? 

Pois houbo moitos seleccionados!!! Entre todos os debuxos presentados seleccionados diferentes ítems de varios traballos e, despois de moito traballo por parte de todo o alumnado coordinados pola profe Rosa, este foi o resultado. 

Esperamos que sexa o primeiro anaco de muro decorado de moitos e que, nos vindeiros cursos, poidamos pintar máis partes deste muro exterior para deixalo tan espectacular coma este.


Se picades na imaxe veredes o proceso de elaboración do mesmo por parte do alumnado e profesorado.

jueves, 16 de junio de 2022

EXPOSICIÓN PDI O ESPAZO

 O pasado mércores realizouse unha exposición/obradoiro relacionada co Espazo. Esta actividade culmina o PDI que estivemos levando a cabo todo o ano. Tanto o alumnado como o profesorado divertiuse aprendendo variedade de cousas sobre o Espazo.

Como remate do proxecto, esta exposición estivo dividida en sete recantos polos que foi pasando cada grupo-clase ao longo do día.

1. PLANETARIO: O noso Sistema Solar colgaba do teito e ao carón estaban as características tanto de cada planeta coma do Sol e da Lúa. Neste obradoiro o alumnado de Infantil xogaba a un Bingo Espacial no que repasaban todo o vocabulario que aprenderon neste curso. O alumnado de Primaria completaba unha misión espacial na que tiñan que ir buscando as respostas a unhas preguntas: cando respondían correctamente dábaselle a peza dun puzzle que tiñan que completar ao remate: Diversión asegurada!



2. ESPAZO DIXITAL: Neste recuncho había colocados uns códigos QR cos que o alumnado accedía a varias aplicacións: nunhas podían ir creando un planeta e noutras a través da Realidade Aumentada seguían coñecendo diferentes curiosidades sobre o espazo. Contaban con seis tablets e tres ordenadores nos que podían coñecer máis datos da Terra a través de Google Earth. 

3. ARTENAUTAS MUSICAIS: A onde te leva esta música? A música "espacial" soaba e o alumnado ía pintando nuns lenzos o que lle transmitía a melodía. Quedaron verdadeiras obras de arte. 

4. VIAXANDO AO ESPAZO: Este recuncho estaba formado por un gran foguete que nos serviu de photocall polo que pasou todo o alumnado e tamén estaban expostos os foguetes que fixeron todos os nenos e nenas do cole. Ademáis, un astronauta espido esperábaos para que o axudasen a vestilo coas diferentes partes do seu traxe espacial (parte e nome).

5.. CONTOS ESPACIAIS: Nesta pequena biblioteca o alumnado ía lendo os diferentes contos espaciais cooperativos que se elaboraron polo Día do Libro en cada grupo-clase. Ademáis tamén había diferentes contos e libros informativos sobre o espazo.

6. EXPERIMENTOS: Neste recuncho o alumnado foi realizando diferentes experimentos e manualidades. Fixeron bolsas sensoriais espaciais, tarros que contiñan o espazo e diferentes constelacións con tiza, escarvadentes e plastilina. Ademáis podían xogar con foguetes móbiles ao redor dos planetas e crear cráteres lunares a partir de rochas e fariña. Encantoulles! 






7. XOGO ESCORNAUTA: Adaptación do xogo "Escornapirata" co que, por equipos e cun taboleiro como base, tiñan que chegar ao planeta Amoeiro evitando os diferentes obstáculos que lles poñían os rivais. Aquí tedes un pequeno vídeo dos escornautas intentando chegar ao seu destino.

viernes, 3 de junio de 2022

PLANETARIO MÓBIL

 HOXE TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA RELACIONADA CO NOSO PDI DO ESPAZO:

CONTAMOS CUN PLANETARIO MÓBIL POLO QUE TODOS OS CURSOS FORON PASANDO POR QUENDAS!!! 

Primeiro viron unha película no cine 360ª e despois descubriron o SISTEMA SOLAR.

Os primeiros foron os de EI que visualizaron a película TOPOS na que se abordan os conceptos de día, noite, Sol, Lúa e estrelas.

Logo, 1º e 2º de EP viron "EL COHETE DE CARTÓN" na que se relata a viaxe duns nenos a través do Sistema Solar viaxando de planeta en planeta e explicando as característica de cada un.

A continuación 3º e 4º de EP viron o corto "Explorando o Sistema Solar" no que se viaxa a diferentes escenarios do Sistema Solar.

Por último 5º e 6º visualizaron "La formación del  Sistema Solar" no que se explica formación do Sol e os planetas e a historia do Sistema Solar.

Para rematar a xornada, fixeron un obradoiro de astronáutica lanzando foguetes espacias e despois convertéronse eles mesmos en elementos do Sistema Solar.

ENCANTOUNOS E PASÁMOLO MOI BEN!!🪐🪐🌜🌜🌞🌞⭐⭐

Se picades na imaxe do planetario podedes acceder ás diferentes fotos e vídeos do día, pero aquí vos deixamos un adianto:

jueves, 12 de mayo de 2022

I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO PARA MURO EXTERIOR (TRABALLOS)

 Xa temos expostos todos os traballos presentados ao I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O Espazo.





Agora o xurado terá que escoller aos gañadores. Seguide moi atentos porque pronto publicaremos a decisión do xurado. MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!


martes, 5 de abril de 2022

EN ABRIL, LIBROS MIL

 O 23 de abril e o Día do Libro e no centro imos celebralo no mes do libro. 

Comezamos cunha exposición de libros de ficción sobe o noso PDI: o espazo.


 

Poderemos desfrutar dun espectáculo moi espacial: NOVA NOVIÑA

Tamén se vai confeccionar un libro por curso no que terán que inventar unha historia ou conto relacionado co noso PDI (o espazo). Será elaborado por todos os nenos e nenas do curso, comezará un e irán continuando a historia, un por un, os outros rapaces.

Tamén se fará o apadriñamento lector que tanto botamos de menos coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinenentes.

Por último, organizarase o I Concurso Creativo para Deseño do Muro Exterior con motivo do Día do Libro e con temática do noso PDI.


domingo, 20 de marzo de 2022

Novidades PDI Sistema Solar

 Na biblioteca do Faragullas hai diversidade de libros relacionados co Sistema Solar e o Espazo pero dentro do noso PDI adquirimos varios máis relacionados co tema. Non só son libros informativos senón tamén libros de lectura que nos achegan ao espazo a través de diferentes historias. Desexamos que vos gusten:


martes, 8 de marzo de 2022

COMEZAMOS A MISIÓN ESPACIAL!!

Despois do Entroido, empezamos a traballar moito no noso PDI do espazo. Os primeiros pasos tédelos aquí: decoración de portas para poñernos en contextos, photocall dun foguete e expositor de libros coa temática espacial:






TRÍPTICO PDI O SISTEMA SOLAR

 Aquí vos deixamos o tríptico do PDI que estamos a levar a cabo no cole:


martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Como parte do PDI que estamos a realizar: O ESPAZO, este ano tocounos disfrazar desa temática. Houbo de todo: astronautas, foguetes, alieníxenas, planetas, estrelas...

Para ver todas as fotos podedes picar na seguinte foto: