lunes, 8 de abril de 2024
miércoles, 15 de noviembre de 2023
TRABALLAMOS POLO MAGOSTO
Para celebrar o Magosto no cole o día 10 fixemos as xa tradicionais carreiras de San Martiño que debido ao tempo tivemos que realizalas no pavillón. A continuación todos xuntos cantamos e bailamos " A canción do Magosto" de 13 Lúas antes de pasar a unha rolda de xogos populares das que todos gozamos moito. Se clicades na foto, poderedes acceder a todas as fotos do día. 😀
Ademáis as diferentes clases traballaron a reo durante toda a semana con diferentes creacións moi orixinais e tradicionais para festexar esta data 🎉🎉. Aquí vos deixamos as fotografías.
martes, 6 de junio de 2023
XOGOS NOVOS
Chegaron novos xogos a nosa Ludoteca Creativa e os primeiros en probalos foron os nenos e nenas de primeiro!!! Pasárono moi ben cos bloques de construcción magnéticos, os novos lego as pezas de madeira Kappla. Fixeron cousiñas moi enxeñosas!!!💖
viernes, 23 de septiembre de 2022
A NOSA LUDOTECA
ESTAMOS DE ESTREA!!! A NOSA LUDOTECA XA ESTÁ AQUÍ!!
A partir de outubro comezaremos a abrir a biblioteca no lecer e xa poderedes vir probar todos os xogos que están no recanto da ludoteca do Faragullas!
Animádevos a ver cal vos gusta máis!!!😃
Aquí vos deixamos as fotos do recanto e a selección de xogos da nosa ludoteca!!!
jueves, 23 de junio de 2022
ACTOS DE FIN DE CURSO
E coma todos os anos, este curso chegou ao seu fin. Para celebrar o remate do mesmo organizamos dous días diferentes de actuacións e diversión.
O MARTES 21 celebramos o noso peculiar festival de fin de curso con Aitana e Andrea de presentadoras:
- 4º e 5º de Educación Infantil interpretou a canción "Eu son un artista"
- 6º de Educación Infantil interpretou con letra adaptada a canción "Mamma Mía".
- 1º e 2º de EP cantou e bailou a canción "Bajo el mismo sol"
- 3º e 4º de EP bailou a canción "Más Macarena"
- 5º e 6º fixo unha orixinal parodia da película GREASE ademáis dun par de coreografías montadas por eles mesmos.
A continuación realizáronse os actos de graduación tanto de 6º de Ed. Infantil como de 6º de Ed. Primaria. Estes últimos tiveron unhas bonitas palabras para cada un dos mestres e mestras do centro.
Por último a ANPA do cole fixo entrega, dun xeito moi divertido, dun vale para facer un rocódromo. Se picades neste ENLACE podedes ver o vídeo do momento.
O MÉRCORES 23 adicámolo a diferentes obradoiros polo que foron pasando todos os curso do cole:
- Na biblioteca organizáronse diferentes obradoiros para cada ciclo:
- Enfronte da aula de música, bailamos coas "Cadeiras Musicais"
- No patio cuberto xogamos o pano
- No ximnasio xogamos co paracaídas
- No corredor montamos un circuito con neumáticos, aros, patinetes e carrilanas.
Para rematar asistimos ao visionado da memoria do curso elaborada polo profe Miguel (moitas grazas por ese traballón).
Bo Verán a todos, vémonos en setembro e ...
MOITA SORTE tanto ao alumnado como ao profesorado que deixa o cole.
viernes, 8 de abril de 2022
DESCUBRIMOS NOVOS XOGOS CREATIVOS NA BIBLIO
Seguimos aumentando a nosa colección de xogos para a nosa "ludoteca" e desta volta tocaron xogos creativos. Pasárono pipa inventando, creando e construíndo os nosos rapaces e rapazas.
jueves, 31 de marzo de 2022
Xogando na bibio
Estamos creando un recuncho de xogos na Biblioteca do Faragullas e xa comezaron a chegar as primeiras adqusicións. O alumando de 1º e 2º foi o primeiro en desfrutalos:


















.jpeg)



























