Mostrando entradas con la etiqueta Audiolibro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audiolibro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de junio de 2024

PRODUTOS FINAIS ELABORADOS POLO TERCEIRO CICLO NO PDI: ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS

O TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA ELABOROU UNS PRODUTOS AUDIOVISUAIS  PARA O PDI: ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS. APARTE DOS BOOKTRÁILERS QUE XA SE SUBIRON AGORA TEMOS:

SETE AUDIOLIBROS: Xoana, a ra lacazana; Paco Papán; El gran concurso de la caca; Un vampiro peligrozo; Don Vento, o porco Fedorento; e Os Bolechas van ao supermercado.

CATRO QUIZZIZ: Canto sabes de Luísa Villalta? Canto sabes de Ledicia Costas? Canto sabes dos nosos contos? Canto sabes de Otero Pedrayo?

DOUS PODCAST: Entrevistas a personaxes de conto: Peter Pan e o Lobo Feroz.

DÚAS PRESENTACIÓN FEITAS EN CANVA DE Ledicia Costas e Luísa Villalta.

ENLACE AO PADLET

domingo, 23 de junio de 2024

Exposición e obradoiros PDI 2024

O pasado mércores 19 de xuño organizamos a exposición final do noso PDI anual: "Escritores e escritoras dos nosos contos". 

Desta volta organizamos seis obradoiros para poñerlle punto e seguido a todas as investigacións e traballos sobre o tema elexido para este curso. Os grupos eran mixtos e estaban formados por alumnado de distintos cursos.

1. CONTOS XIGANTES

Cada clase inventou e elaborou un libro cos personaxes máis representativos dos autores que traballaron. Ademais, cada grupo elaborou unha ficha do autor ou autora estudiado cos datos máis representativos que tamén estaba exposta no obradoiro. 

Neste obradoiro o alumnado explicáballe ao resto do grupo como elaboraran o seu libro, cales eran as personaxes e de que trataba a historia.

4º E 5º DE INFANTIL: VERSOS QUE VUELAN ALTO (inspirados en Gloria Fuertes)

6º DE INFANTIL: SUSTO NO RÍO (personaxes de Naturizo - Xabier Domínguez)

1º e 2º DE PRIMARIA: OS SOÑOS DE TOUPIÑO (personaxes de Anna Llenas)

3º e 4º DE PRIMARIA: O RESCATE DE MÁQUINA (inspirado no libro "Dúas Bágoas por Máquina"  de Fina Casalderrey)

5º e 6º de PRIMARIA: ESMERALDINA, UNHA DEFUNTA MOI VIVA (personaxes de Ledicia Costas).


2. ROBOTS E LETRAS.

Neste segundo obradoiro o grupo dividíase en catro e xogamos cos escornabots a un xogo colaborativo-competitivo robo-writer. Cada grupo tiña que conseguir levar ao seu escritor (escornabots) ata o lapis para que puidera seguir escribindo. O grupo rival tiña que irlle poñendo obstáculos no camiño que eran as personaxes dos autores traballados. O primeiro que chegara ao lapis programando o escornabot dunha soa tirada, era o gañador.


3.HISTORIAS AO CUBO

Este obradoiro consistía en inventar historias coa axuda dos "story cubes" potenciando así a creatividade e a cooperación na invención do conto.


4. CONTOS AO OÍDO

Neste obradoiro o alumnado de cada grupo podía escoitar os distintos audiolibros gravados polo alumnado de 5º e 6º deitados no chan e nun ambiente moi relaxante. Entre estos audiolibros estaban:

Corre, corre cabaciña

Paco, Papán

Xoana, a ra lacazana

Don Vento, fedorento

O gran concurso da caca

Os Bolechas van ao supermercado


5. TRAILERS DE CINE

Neste obradoiro, o alumnado puido visionar os distintos booktráilers realizados polo alumnado de 3º ciclo, escoitar un pódcast consistente nunha entrevista a unha personaxe de conto gravado polo alumnado de 5º e 6º e realizar un quizziz con preguntas sobre diferentes contos tradicionais elaborado tamén por alumnado de 3º ciclo.

6. CHAPAS ENCANTADAS

Por último, cada alumno e alumna debuxaban e confeccionaban unha chapa coa súa personaxe de conto favorita.

Como parte da exposición, os asistentes tamén podían ver as portadas dos contos recreados que estaban colgadas nun recuncho do patio cuberto.

Se queredes ver todas as fotos do día podedes facer click no seguinte enlace:

FOTOS EXPOSICIÓN FINAL E OBRADOIROS PDI