martes, 27 de febrero de 2024

Actividades realizadas polo 11-F. Día da muller e a nena na ciencia

 Coma vos comentamos anteriormente, estivemos traballando o día 11 de febreiro ao longo de todo o mes e estes son algúns dos resultados obtidos:

DESCUBRINDO MULLERES CIENTÍFICAS!!!


EXPERIMENTANDO COMO FAN AS MULLERES CIENTÍFICAS!!!









ELABORACÍON DO XOGO: QUEN SON EU? 



viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

 Hoxe, celébrase o Día da gran Rosalía de Castro. Na entrada á biblioteca xa podemos ver unha exposición das súas obras. Os diferentes cursos están traballando a importancia da súa figura de diversas maneiras. 

Ao longo da semana que vén, iremos colgando a variedade de actividades realizadas. Ademáis, este curso, o claustro de mestres decidiu celebrar este día conxuntamente co día 8 de marzo (Día Internacional da Muller) polo que seguide moi atentos para desfrutar das actividades programadas.


jueves, 15 de febrero de 2024

FOTOS ENTROIDO

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da celebración do Entroido que, por mor das condicións climatolóxicas, tivemos que realizar no cole. Se clicades nesta primeira imaxe do mural, poderedes acceder a todas as fotografías do día e tamén a algún vídeo do noso peculiar desfile coa batucada preparada pola profe Rebeca 🎉🎉🎉🎉🥳🥳🥳.

Tivemos personaxes de conto do máis variopinto, desde Peter Pan ao lobo de moitas historias pasando polos personaxes de Alicia no país das Marabillas ou O Mago de Oz, o Gato con Botas ou Robin Hood entre outros. Clicade no mural e non vos perdades ningún.

E estade moi atentos porque en breve, subiremos o vídeo íntegro do desfile/pasarela que fixeron todos os nenos e nenas do cole. Son uns auténticos artistas!!!!



domingo, 11 de febrero de 2024

11F: Día da muller e a nena na ciencia

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na porta da biblioteca xa temos unha selección de lecturas preparadas para poder traballar á volta do Entroido. 

Por outra banda, o coordinador de Polos Creativos achegou varias actividades aportadas pola Consellería para traballar neste día. Algunhas destas propostas serán realizadas a partir da próxima semana para lograr seguir concienciando sobre a importancia de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.

sábado, 10 de febrero de 2024

FOTOS DÍA DA PAZ

Se clicades na foto do mural elaborado para o Día Escolar da Paz e a NON Violencia poderedes acceder a todas as imaxes da celebración:

viernes, 9 de febrero de 2024

PANCARTA ENTROIDO 2024

Alumnado voluntario de 3º, 4º, 5º e 6º leva semanas traballando na pancarta para o Entroido co lema

CONTA E VOLVE CONTAR, ESTE É O CONTO DE NUNCA ACABAR

Levaron moitísimo traballo e puxeron todas as súas forzas para que estivese listo para hoxe e quedou.

UNHA AUTÉNTICA OBRA DE ARTE 😍😍😍

PARABÉNS POLA VOSA DEDICACIÓN, CREATIVIDADE E O GRAN TRABALLO REALIZADO!!👏👏👏👏

jueves, 8 de febrero de 2024

Mandas do Meco (2024)

 Hoxe remataron as mandas do Meco deste curso cunha gran participación de todo o alumnado e profesorado e por suposto de Faragullas. Aquí o temos con cada unha das mandas que ían tocando e o último día con todos as clases do cole. 😍😍😍

Día 1: Que non se che esqueza, como Carapuchiña ou Peter Pan, pon algo na cabeza

Día 2: Se a Ratiña Presumida queres imitar, á escola cun gran lazo has chegar.

Día 3: No frautista de Hamelín te converterás e un instrumento ao cole traerás.
Se coa bruxa dos contos non queres coincidir, todo colorido terás que vestir.
4º e 5º de EI:
6º de EI:
1º de EP:
2º de EP:
3º de EP:
4º de EP:
5º e 6º de EP:

viernes, 2 de febrero de 2024

Poemas pola PAZ

 Aquí vos deixamos os poemas pola PAZ recitados polo alumnado do cole acompañados ao teclado pola profe Rebeca. No final do video, todos xuntos bailan A SAMBA DA PAZ.