miércoles, 21 de junio de 2023

VISITA GUIADA POLO MUSEO

No festival de verán ao que acudiron as familias xa puideron gozar do noso museo xa que se atopaba ubicado na entrada ao evento. Quedaron alucinados do moito que traballamos e do ben que o fixemos!!

Ademáis, aquí vos deixamos un enlace da xornada de posta en común do noso PDI: A Pintura: Pintores e Pintoras. 

Alumnos e alumnas de cada curso explicáronlles ao resto do alumnado que pintor e pintora traballaron, momentos clave da súa vida e as obras máis importantes e as que eles mesmos reproduciron. 

Ademáis na sala de Xulia Minguillón, que fixo un autorretraro coa súa cadela (La Tila y yo), atopámonos cunha exposición interactiva: cada neno trouxo unha fotografía coa súa mascota e reproduciuna nun cadro, metéronse as fotografías todas nun sobre e os outros cursos tiñan que ir adiviñando con que autorretrato se correspondía esa foto.

Se picades na primeira imaxe, poderedes acceder a todas as fotografías do acto:



martes, 20 de junio de 2023

ESTREANDO ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

E hoxe, despois da gran inauguración que fixemos o luns do "Espazo Creativo Antón Pulido", por fin puidemos estreala. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades desfrutar das fotografías. PICADE NO MURO LEGO. 

En setembro, máis e mellor!!

VIDEO RESUMO DO CURSO 22-23

 Xa temos á vosa disposición o video resumo deste curso 22-23 do que puidemos gozar no festival de verán o día de onte!!!

ATA SETEMBRO E BO VERÁN!!!

E SAIMOS NA PRENSA!

Debido a inauguración do Espazo Creativo Antón Pulido e á súa visita hoxe fomos portada do periódico local "La Región" e adícannos tamén unhas palabras "La Voz de Galicia" e "Faro de Vigo". Aquí vos deixamos as imaxes; 😊

LA REGION:




LA VOZ DE GALICIA:


FARO DE VIGO: Antón Pulido, un estímulo creativo en el cole de Amoeiro: “Contad conmigo”


Ademáis, a Fundación Ramón Otero Pedrayo que tamén estivo invitada ao acto, publicou no seu FACEBOOK a nova:

E o propio Antón Pulido compartiu o vídeo de transformación da aula nas súas redes sociais. GRAZAS INFINITAS!!!

O NOSO MUSEO

 Aquí vos deixamos un enlace ás fotografías do noso museo (picade na fotografía). Nel poderedes ver todos os cadros que se reproduciron dos pintores traballados pero tamén moitas obras do noso alumnado inspirados por ditos pintores. Desexamos que vos guste moito!!!

Infantil: Joan Miró e Menchu Lamas

1º de EP: Frida Kahlo e Luis Seoane

2º de EP: Antón Pulido e Carmen Rodríguez de Legísima

3º e 4º de EP: Salvador Dalí e Xulia Minguillón

5º e 6º: Maruja Mallo e Piet Mondrian

Na área de Eduación Artística nos cursos de Primaria: Pablo Picasso

lunes, 19 de junio de 2023

FESTIVAL DE VERÁN

 E xa estamos rematando o curso... Hoxe celebramos o festival de verán con invitación ás familias. Foi moi variado e emotivo, se picades AQUÍ poderedes ver algunhas fotos do día.

 Houbo desde desfile primavera-verán ata acrosport pasando por obras de teatro e actuacións musicais entre as que cabe destacar a actuación sorpresa que fixeron os profes. A profe de música, Cris, adaptou a letra da canción Noche Entera ao noso centro, ao noso PDI e á nosa mestra Ana qeu se xubila. Deixámosvos aquí a actuación e aparte da letra para que poidades apreciar que gran música temos entre nós.


É martes 20 xa é fin de curso
Cantan as profes, ai menudo susto
Xa están aquí por fin as vacacións 
Botarémosvos de menos todos un montón.
Pero xa non hai máis
As portas do cole queremos pechar
Xa non nos escoitaredes berrar
Que está apretando a calor
Estamos fartos de tanto pintor.
Que si as flores de Frida,
os cadros de Mondrian,
Miró en infantil 
e Pulido un mural.
Pintamos os corredores 
E corremos arreo
Para que Antón Pulido
Vira o noso museo.

Chega o verán
Ímolo gozar
unha man arriba veña,
todos a bailar.
Bailar, bailar, bailar, bailar, aar
Todos xuntos a cantar, cantar, aaahh.
Cantarémolo en Amoeiro
O que pasa aquí o gravaremos
A profe Ana xa se vai
Non nos quere aturar máis
Non, di que non que xa currou un montón
Xa chegou, é unha mestra, mestra, mestra de admirar
Que a vida é para desfrutar, 
xa non hai que traballar máis
é o momento de descansar,
baila Ana baila
Grande Ana grande.
Chega o verán
Ímolo gozar
unha man arriba veña,
todos a bailar.
Bailar, bailar, bailar, bailar, aar
Todos xuntos a cantar, cantar, aaahh.

INAUGURACIÓN ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 E despois da súa charla con todos nós, pedímoslle a Antón Pulido que nos acompañara a inaugurar o espazo creativo que levará o seu nome. Foi unha gran sorpresa para el e emocionouse moito!!! Ao acto asistiron representantes da Asesoría de Biblioteca Escolares, do Concello, da Xunta de Galicia, da Consellería de Educación e de Inspección Educativa. Todos xuntos inauguraron o novo espazo e despois baixaron a coñecer o noso museo onde os esparaban todos os nenos e nenas do centro para cantarlles a canción "Ao pasar por Amoeiro" adaptada por Elvira da coñecida "Camariñas". Quedaron todos encantados. Despois visitaron o noso museo e quedaron abraiados da gran cantidade de obras e traballos que elaboramos durante todo o curso. 

Aquí vos deixamos o enlace (picando na foto) a algunhas das imaxes do día:


Ademáis tamén asinou no noso libro de firmas agasallándonos cunha fermosa ilustración e cunhas bonitas palabras.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!

VISITA DE ANTÓN PULIDO

 Hoxe visitounos o gran pintor do noso concello Antón Pulido. Todo o alumnado quedou abraiado e encantado de poder coñecer ao pintor que levamos traballando todo o curso. Pasou un tempo con todos nós falando dos seus magníficos cadros e estámoslle moi agradecidos de poder contar coa súa presenza!!

Se picades na seguinte imaxe veredes as imaxes dese momento.

ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 Aquí deixamos o enlace ao vídeo do cambio que sufriu a "aula covid" ou "aula de acollida temperá" para pasar a converterse no ""ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO".

QUEDOU ESPECTACULAR!!

Moitas grazas á Consellería de Educación, á Deputación de Ourense e ao Concello de Amoeiro.

E agradecementos especiais a todo o alumnado, profesorado do centro e as súas familias polo gran esforzo realizado para ter rematada a aula a tempo!! 

PICADE NA PLACA CONMEMORATIVA PARA VER O VÍDEO!!!

viernes, 16 de junio de 2023

REINTERPRETANDO A MARUJA MALLO

 O alumnado de 5º e 6º realizou unha sesión fotográfica reinterpetando a fotografía de Maruja Mallo cuberta de algas do ano 1945. Se picades na fotografía orixinal, veredes que fotografías máis bonitas quedaron.

jueves, 15 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS VERÁN E PROGRAMA FESTIVAL

 Aquí vos deixamos o díptico coas "Recomendacións lectoras" para este verán no que tamén podedes consultar o programa do festival de verán que celebraremos o próximo martes 20 de xuño.

BOAS LECTURAS!!!!

BO VERÁN!!!!

miércoles, 14 de junio de 2023

MURAL PDI: A PINTURA: PINTORES E PINTORAS

Pois xa temos gañadores do II Concurso Creativo de Deseño para Muro Exterior con motivo do Día do Libo e temática do noso PDI (A pintura: pintores e pintoras).

Entre todos os debuxos presentados, fixemos unha selección de diferentes cadros e retratos dos autores traballados e, despois de moito traballo por parte de todo o alumnado coordinados pola profe Rosa, este foi o resultado. 

QUEDOU MOI ESPECTACULAR!! 

SODES ESTUPENDOS!!!

AMOEIRO TERRA DE ARTISTAS!!!



Se picades na imaxe anterior veredes o proceso de elaboración do mesmo por parte do alumnado e profesorado.




E na entrada ao noso museo, podemos ver todas as obras que participaron no concurso. 
Son xeniais!!


martes, 13 de junio de 2023

DIARIO DE LECTURAS

 E xa temos montada, un ano máis, no corredor da biblioteca a exposición dos "Diarios de Lectura". Así de bonita nos quedou con todos os diarios feitos polo alumnado do centro ao longo de todo o curso.

lunes, 12 de junio de 2023

Novidades xuño 2023

 Na árbore de novidades podedes atopar as novas adquisicións destes últimos días entre os que se atopa un agasallo do profe Xabi "La Pulga Espacial" adicado e asinado por el. MOITÍSIMAS GRAZAS!!! 👏👏 Ademáis tamén están os seus últimos libros "Rosalía" e "Luis Seoane", biopoemas sobre a vida destes galegos ilustres. 


sábado, 10 de junio de 2023

PREPARANDO A EXPOSICIÓN FINAL!!!

Estamos traballando arreo para ter listo o noso museo. Se picades na seguinte imaxe, poderedes ver todo o que estamos a traballar e como nos gusta pintar!!!

jueves, 8 de junio de 2023

PINTANDO COS ESCORNABOTS

 

Hoxe estivemos experimentando cos escornabots. Dentro do noso PDI, estivemos pintando con escornabots e este foi o resultado. A actividade encantoulles moitísmo!!




miércoles, 7 de junio de 2023

Seguen as obras e as reformas!!

 E seguimos avanzando na, ata agora denominada Aula Covid ou Aula de Acollida Temperá. Fixádevos que ben está quedando!!! Estade moi atentos porque seguiremos informando.



martes, 6 de junio de 2023

XOGOS NOVOS

 Chegaron novos xogos a nosa Ludoteca Creativa e os primeiros en probalos foron os nenos e nenas de primeiro!!! Pasárono moi ben cos bloques de construcción magnéticos, os novos lego as pezas de madeira Kappla. Fixeron cousiñas moi enxeñosas!!!💖