miércoles, 26 de abril de 2023

Contacontos con Sabela

 Seguindo no mes libro, hoxe tivemos unha visita moi especial: Sabela Gago veu a contarlles un contiño aos máis pequenos do cole: "Maletas Viaxeiras: unha contada interactiva entre maletas e misteriosos destinos". Neste espectáculo, Sabela convídanos a facer unha viaxe imaxinaria para descubrir outra maneira de ollar o mundo.

"Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo; teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, globos e naves espaciais.E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo"

Pasárono xenial e conta desto deixan as seguintes imaxes!!!! 










martes, 25 de abril de 2023

Celebramos o Día do Libro 2023!

 Onte celebramos o Día do Libro no cole con Apadriñamentos Lectores e a II Feira do Libro.

O alumnado de 3º , 4º, 5º e 6º leulle un conto, que eles mesmos escolleron, aos alumnos de infantil e de 1º e 2º. Debido a que o tempo non acompañou, cada parella buscou un recuncho dentro do cole para facer a lectura. Os padriños e as madriñas escolleron moi ben os contos porque os pequenos do cole quedaron encantados coas historias que lles contaron.

Por outra banda, organizamos a II Feira do Libro, na que o alumnado podía escoller ata catro libros dos asignados ao seu ciclo, todos eles expurgados da nosa biblioteca e que seguro terán unha nova vida na casa dos nosos alumnos e alumnas!!

Aquí vos deixamos algunhas fotografías do día e se queredes velas todas, só tedes que clicar na primeira delas.





















domingo, 23 de abril de 2023

lunes, 17 de abril de 2023

BIBLIOPATIO XA ESTÁ AQUÍ!

 E como vos comentabamos na entrada anterior, xa temos en marcha a nova proposta BIBLIOPATIO!!!

Todos os días sairá ao patio no lecer para que poidades desfrutar dela e os fondo iranse renovando mensualmente.

A verdade é que tivo unha acollida estupenda!! Seguide desfrutando coas lecturas!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do primerio día de BIBLIOPATIO!

domingo, 16 de abril de 2023

BIBLIOPATIO

 Comezamos o trimestre e o mes dos libros (23 de abril: Día Internacional do Libro) cunha nova proposta: 

BIBLIOPATIO

A partir do luns, este carriño estará no patio todos os días da semana para os que queirades ler sobre o espazo, feminismo, corpo humano... ou para viaxar a  novos mundos.

Temos libros para todas as idades:  narrativa, poesía, cómic, informativos, libro-xogo...

Achegádevos e escollede un para comezar a vosa aventura!!!!!