Mostrando entradas con la etiqueta mobles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mobles. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de abril de 2025

RECUNCHO DO BENESTAR

E xa temos rematado o noso Recuncho do Benestar no hall de Infantil. Aquí temos unha selección de libros e xogos relacionados co tema como poden ser emocións, diversidade, inclusión, autoestima, etc.

Estos recursos tamén se poden levar en préstamo nas mesmas condicións que os do Recuncho Violeta e que os fondos que están na biblioteca ou no corredor.

Gozade das lecturas!!


ESTANTES NOVOS PARA O CORREDOR

Como xa vos adiantabamos nun post anterior, mercáronse novos estantes para o corredor da biblioteca. Asi os fondos da CDU 7 que estaban no corredor que daba a aula Pulido agora están nestes estantes e os xogos da ludoteca están no seu recuncho no patio das filas. A CDU 3 tamén segue no corredor e as revistas do Faragullas están ao carón da porta da biblioteca. 

Agora temos moito máis espazo para adicarlle ás exposicións e, como a biblioteca se nos segue quedando pequena, cabe a posibilidade de pasar algún outro número da CDU para esta zona.





miércoles, 30 de marzo de 2022

Novo mobiliario

O día de 16 de marzo, recibimos esta nova libraría, e así está xa colocada a día de hoxe. 
Só nos faltaría unha para ter completada a biblioteca. 

Nos andeis baixos colocáronse os fondos para o primeiro ciclo en castelán, quedando nos máis altos os fondos relacionados coas ciencias (CDU número 5).


lunes, 22 de noviembre de 2021

Novos estantes

 Hoxe veu o carpinteiro traer máis mesas novas  e montarnos uns novos estantes na biblio porque temos tantos libros que lle temos que facer máis sitio.

Quedaron moi ben!!!💓