Mostrando entradas con la etiqueta Antón Pulido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antón Pulido. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de octubre de 2023

ACTO DE CLAUSURA DO NOSO MUSEO

O pasado martes día 10 de outubro tivemos o grandísimo honor de recibir no noso cole a Antón Pulido e Menchu Lamas, pintores traballados no noso proxecto o curso anterior. 

Antón Pulido xa nos acompañara no pasado mes de xuño contándonos moitas cousas da súa vida e da súa obra e con el inauguramos tanto o novo Espazo Creativo Antón Pulido coma o Noso pintoresco Museo.

Desta volta, veu acompañado pola súa amiga, a pintora Menchu Lamas e ámbolos dous estiveron abraiados co gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado. Recibímolos tocando e cantando a canción "Ao pasar por Amoeiro" versión realizada por unha alumna da coñecida canción "Ao pasar por Camariñas".

Ante a atenta mirada destes dous recoñecidos pintores e do alcalde do noso concello, todo o alumnado foi contando cousiñas dos pintores traballados e explicando todos os traballos realizados.  

A continuación Menchu Lamas falounos un pouquiño da súa vida e de como empezou a pintar. Despois abriuse unha rolda de preguntas que a artista estivo encantada de respostar. 

Finalmente, todos xuntos, cantamos a popular canción "A saia da Carolina".

Esta visita, serve como acto de clausura do noso museo e do noso proxecto xa que, temos que empezar con novo proxecto para este curso do que saberemos a súa temática moi pronto. Estade atentos!!!

MOITAS GRAZAS MENCHU LAMAS E ANTÓN PULIDO POR VISITARNOS!!!!

Se picades na segunda nova (porque tamén saimos na prensa 😊), poderedes acceder ás fotos do día.




miércoles, 5 de julio de 2023

DEDICATORIA DE ANTÓN PULIDO

 

*Todo o meu cariño para este extraordinario colexio Ramón Otero Pedrayo, exemplo de esforzo e traballo na dinamización destes nenos. Eis o futuro desta xeración. 
Impresionante a aula de debuxo "Antón Pulido" coa que tiven a sorte de que me acariciasen. 
Sempre agradecido
Apertas fortes
Pulido 19-06-23

martes, 20 de junio de 2023

ESTREANDO ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

E hoxe, despois da gran inauguración que fixemos o luns do "Espazo Creativo Antón Pulido", por fin puidemos estreala. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades desfrutar das fotografías. PICADE NO MURO LEGO. 

En setembro, máis e mellor!!

E SAIMOS NA PRENSA!

Debido a inauguración do Espazo Creativo Antón Pulido e á súa visita hoxe fomos portada do periódico local "La Región" e adícannos tamén unhas palabras "La Voz de Galicia" e "Faro de Vigo". Aquí vos deixamos as imaxes; 😊

LA REGION:




LA VOZ DE GALICIA:


FARO DE VIGO: Antón Pulido, un estímulo creativo en el cole de Amoeiro: “Contad conmigo”


Ademáis, a Fundación Ramón Otero Pedrayo que tamén estivo invitada ao acto, publicou no seu FACEBOOK a nova:

E o propio Antón Pulido compartiu o vídeo de transformación da aula nas súas redes sociais. GRAZAS INFINITAS!!!

lunes, 19 de junio de 2023

INAUGURACIÓN ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 E despois da súa charla con todos nós, pedímoslle a Antón Pulido que nos acompañara a inaugurar o espazo creativo que levará o seu nome. Foi unha gran sorpresa para el e emocionouse moito!!! Ao acto asistiron representantes da Asesoría de Biblioteca Escolares, do Concello, da Xunta de Galicia, da Consellería de Educación e de Inspección Educativa. Todos xuntos inauguraron o novo espazo e despois baixaron a coñecer o noso museo onde os esparaban todos os nenos e nenas do centro para cantarlles a canción "Ao pasar por Amoeiro" adaptada por Elvira da coñecida "Camariñas". Quedaron todos encantados. Despois visitaron o noso museo e quedaron abraiados da gran cantidade de obras e traballos que elaboramos durante todo o curso. 

Aquí vos deixamos o enlace (picando na foto) a algunhas das imaxes do día:


Ademáis tamén asinou no noso libro de firmas agasallándonos cunha fermosa ilustración e cunhas bonitas palabras.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!

VISITA DE ANTÓN PULIDO

 Hoxe visitounos o gran pintor do noso concello Antón Pulido. Todo o alumnado quedou abraiado e encantado de poder coñecer ao pintor que levamos traballando todo o curso. Pasou un tempo con todos nós falando dos seus magníficos cadros e estámoslle moi agradecidos de poder contar coa súa presenza!!

Se picades na seguinte imaxe veredes as imaxes dese momento.

ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO

 Aquí deixamos o enlace ao vídeo do cambio que sufriu a "aula covid" ou "aula de acollida temperá" para pasar a converterse no ""ESPAZO CREATIVO ANTÓN PULIDO".

QUEDOU ESPECTACULAR!!

Moitas grazas á Consellería de Educación, á Deputación de Ourense e ao Concello de Amoeiro.

E agradecementos especiais a todo o alumnado, profesorado do centro e as súas familias polo gran esforzo realizado para ter rematada a aula a tempo!! 

PICADE NA PLACA CONMEMORATIVA PARA VER O VÍDEO!!!

miércoles, 7 de junio de 2023

Seguen as obras e as reformas!!

 E seguimos avanzando na, ata agora denominada Aula Covid ou Aula de Acollida Temperá. Fixádevos que ben está quedando!!! Estade moi atentos porque seguiremos informando.