lunes, 30 de enero de 2023

Pomba da Paz

 A semana pasada estivemos "Pintando a Paz" para, por unha banda conmemorar o Día da Paz e por outra seguir traballando no noso proxecto "A Pintura: pintores e pintoras". Decidimos pintar nunha das paredes do patio cuberto, unha das moitas pombas que pintou Picasso para ir así, coñecendo a súa obra. Participou todo o alumnado e quedounos así de impresionante. 😍😍

Se picades nesta primeira imaxe poderedes acceder a todas as fotografías do proceso.

martes, 24 de enero de 2023

miércoles, 18 de enero de 2023

Exposición día da PAZ

 Coma todos os anos xa temos preparada, na entrada á biblioteca a exposición con lecturas relativas ao Día da Paz que se celebra e que celebraremos no cole o día 30 de xaneiro.