O xoves pasado día 30 celebramos no centro o Samaín e a biblioteca albergou un dos sete obradoiros organizados para festexar o día: "Contos de Medo". Todos os grupos mixtos (con alumnado de todas as idades) foron pasando pola Biblioteca do Faragullas para escoitar e/ou ler uns contos. Os elexidos desta quenda foron "Os esqueletos divertidos" e "Un vampiro peligrozo". Se clicades nas portadas dos libros, accederedes a todas as imaxes do día.
sábado, 1 de noviembre de 2025
SAMAÍN
jueves, 31 de octubre de 2024
Samaín (posta en marcha do PDI)
Onte, día 30 de outubro celebramos Samaín pola mañá e o Día das Bibliotecas Escolares pola tarde.
Coma nos últimos curso, organizáronse 7 grupos mixtos que ían pasando polos 7 obradoiros organizados.
GRUPOS:
domingo, 23 de junio de 2024
Exposición e obradoiros PDI 2024
O pasado mércores 19 de xuño organizamos a exposición final do noso PDI anual: "Escritores e escritoras dos nosos contos".
Desta volta organizamos seis obradoiros para poñerlle punto e seguido a todas as investigacións e traballos sobre o tema elexido para este curso. Os grupos eran mixtos e estaban formados por alumnado de distintos cursos.
1. CONTOS XIGANTES
Cada clase inventou e elaborou un libro cos personaxes máis representativos dos autores que traballaron. Ademais, cada grupo elaborou unha ficha do autor ou autora estudiado cos datos máis representativos que tamén estaba exposta no obradoiro.
Neste obradoiro o alumnado explicáballe ao resto do grupo como elaboraran o seu libro, cales eran as personaxes e de que trataba a historia.
4º E 5º DE INFANTIL: VERSOS QUE VUELAN ALTO (inspirados en Gloria Fuertes)
6º DE INFANTIL: SUSTO NO RÍO (personaxes de Naturizo - Xabier Domínguez)
1º e 2º DE PRIMARIA: OS SOÑOS DE TOUPIÑO (personaxes de Anna Llenas)
3º e 4º DE PRIMARIA: O RESCATE DE MÁQUINA (inspirado no libro "Dúas Bágoas por Máquina" de Fina Casalderrey)
5º e 6º de PRIMARIA: ESMERALDINA, UNHA DEFUNTA MOI VIVA (personaxes de Ledicia Costas).
2. ROBOTS E LETRAS.
Neste segundo obradoiro o grupo dividíase en catro e xogamos cos escornabots a un xogo colaborativo-competitivo robo-writer. Cada grupo tiña que conseguir levar ao seu escritor (escornabots) ata o lapis para que puidera seguir escribindo. O grupo rival tiña que irlle poñendo obstáculos no camiño que eran as personaxes dos autores traballados. O primeiro que chegara ao lapis programando o escornabot dunha soa tirada, era o gañador.
3.HISTORIAS AO CUBO
Este obradoiro consistía en inventar historias coa axuda dos "story cubes" potenciando así a creatividade e a cooperación na invención do conto.
4. CONTOS AO OÍDO
Neste obradoiro o alumnado de cada grupo podía escoitar os distintos audiolibros gravados polo alumnado de 5º e 6º deitados no chan e nun ambiente moi relaxante. Entre estos audiolibros estaban:
Corre, corre cabaciña
Paco, Papán
Xoana, a ra lacazana
Don Vento, fedorento
O gran concurso da caca
Os Bolechas van ao supermercado
5. TRAILERS DE CINE
Neste obradoiro, o alumnado puido visionar os distintos booktráilers realizados polo alumnado de 3º ciclo, escoitar un pódcast consistente nunha entrevista a unha personaxe de conto gravado polo alumnado de 5º e 6º e realizar un quizziz con preguntas sobre diferentes contos tradicionais elaborado tamén por alumnado de 3º ciclo.
6. CHAPAS ENCANTADASPor último, cada alumno e alumna debuxaban e confeccionaban unha chapa coa súa personaxe de conto favorita.
Como parte da exposición, os asistentes tamén podían ver as portadas dos contos recreados que estaban colgadas nun recuncho do patio cuberto.
Se queredes ver todas as fotos do día podedes facer click no seguinte enlace:
miércoles, 1 de noviembre de 2023
CELEBRACIÓN DE SAMAIN E DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Onte, 31 de outubro, celebramos o Samaín no cole e aproveitamos a festa para celebrar tamén o día das bibliotecas escolares: pola mañá organizamos unha busca do tesouro con diferentes obradoiros aterradores e pola tarde representamos diversos contos na biblioteca e sairon as mochilas viaxeiras para as primeiras casas da súa viaxe.
Xa para entrar ao colexio tiñamos que deternos a observar a gran "Exposición de Gatos Negros" que se organizou desde o cole pero na que as familas tiveron o papel protagonista: Menudos artistas están feitos!!!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!👏👏👏👏
Coma o curso pasado, comezamos no patio das filas, facendo gruPos mixtos nos que había alumnado de todas as clases que levaban as chapas identificativas que estiveron elaborando as colaboradoras da biblioteca nesta semana:
Os obradoiros eran:
1. Tatuaxes na aula de 1º
2. Cadeiras musicais no hall de infantil
4. Ricas vasoiras de bruxa no patio cuberto
6. Monstro aterrador na aula Pulido
7. Contos de medo na biblioteca
Cando todos os grupos tiveron a súa chave, volvimos a xuntarnos no patio cuberto para tentar abrir a caixa que contiña pistas para adiviñar a temática do PDI deste curso.
Na caixa estaba Naturizo, un cunco para a sopa, unha frauta, un espello, unha mazá, unha cesta e uns papeis cun bolígrafo. Ao principio non entendían a relación pero ao fin decatáronse de que tiña que ver cos contos e cos folios en branco deduciron o tema:
ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS
E eles mesmos foron dicindo os contos aos que correspondía cada obxecto: Naturizo, Riciños de Ouro, O frautista de Hamelín, Brancaneves e os sete ananiños e Carapuchiña Vermella.
Gustou moito a idea e están ansiosos por comezar a investigar e traballar!!!
Pola tarde xuntámonos todos na biblioteca para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares. Durante a semana anterior cada grupo/clase preparou dous contos moi coñecidos e sen sabelo xa estaban traballando no proxecto.
Cada grupo representou unha escena dos contos escollidos e todos os demais tiñamos que adiviñar de que conto se trataba. Para non dar moitas pistas, se tiñan que dicir o nome do protagonista, na representación empregaban o nome de Faragullas no seu lugar.
Fixérono todos xenial e adiviñamos todos os contos!!
4º e 5º de Infantil: Os Tres Porquiños e "A Ovelliña que veu a cear.
6º de Infantil: Carapuchiña Vermella e A boneca de Lucas
1º de EP: Os sete cabritiños e Corre, corre Cabaciña.
2º de EP: Guapa e Cocorico
3º de EP: Animalotes e Brancaneves e os sete ananiños
4º de EP: O fratuista de Hamelín e A Bela e a Besta
5º e 6º de EP: Daniela Pirata e O Principiño
Estade atentos que colgaremos os vídeos das diferentes actuacións!!
Por último, fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos primeiros alumnos e alumnas de cada curso para que as levaran para a casa. Teñen 10 días para gozar delas! Aproveitádeos!!
Se queredes ver todas as fotos do día só tedes que facer click no seguinte enlace:
FOTOS SAMAÍN E DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
viernes, 2 de junio de 2023
Obradoiros con Paola Guimeráns
Hoxe leváronse a cabo na nosa biblioteca dentro do programa Biblioteca Creativa no que estamos inmersos, uns obradoiros a cargo de Paola Guimaráns, especialista na área de e-téxtiles aplicados á educación e autora da plataforma de recursos PrototipadoLAB e fundadora da inciativa Aula STEAM.
Todo o alumnado, tanto o de Infantil como o de Primaria tivo a oportunidade de inicarse na electrónica e na programación por bloques. Se picadaes AQUÍ teredes acceso a todos as fotografías do día.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º traballou co programa Scratch e coas Makey-Makey. Despois de coñecer as nocións básicas de Scratch e resolver algúns retos, elaboraron unha ficha sobre o pintor que están a traballar no PDI: Dalí e Mondrián. Coa axuda do grafito dun lapis como material condutor realizaron unha explicación tanto do pintor traballado como dunha das súas obras máis representativas, gravando as súas voces para crear unha ficha interactiva empregando as Makey-MAkey. Foron dúas horas intensas nas que aprenderon moitísimo e nas que desfrutaron coa experimentación de Scratch.
O alumnado de 1º e 2º experimentou cos circuitos en papel elaborando unha postal luminosa dos pintores traballados no PDI, Frida Kahlo en primeiro e Antón Pulido en 2º. Encantoulles a actividade!
O alumnado de infantil experimentou coa plastilina condutora. Paola contoulles un conto sobre un museo que quedou sen luz e tiñan que axudar aos Mironins (persoaxes que parecen diseñados por Miró, pintor que están traballando) a recuperar as luces e as cores dos cadros. Estiveron moi atentos e fixérono xenial, incluso algún dixo que fixera maxia sen saber que todo o traballado os está acercando ao pensamento computacional, á experimentación científica e a electrónica.



















































