miércoles, 1 de noviembre de 2023

CELEBRACIÓN DE SAMAIN E DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte, 31 de outubro, celebramos o Samaín no cole e aproveitamos a festa para celebrar tamén o día das bibliotecas escolares: pola mañá organizamos unha busca do tesouro con diferentes obradoiros aterradores e pola tarde representamos diversos contos na biblioteca e sairon as mochilas viaxeiras para as primeiras casas da súa viaxe.

Xa para entrar ao colexio tiñamos que deternos a observar a gran "Exposición de Gatos Negros" que se organizou desde o cole pero na que as familas tiveron o papel protagonista: Menudos artistas están feitos!!!! 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!👏👏👏👏

Coma o curso pasado, comezamos no patio das filas, facendo gruPos mixtos nos que había alumnado de todas as clases que levaban as chapas identificativas que estiveron elaborando as colaboradoras da biblioteca nesta semana:

Os grupos eran os seguintes:
1. VASOIRAS
2. PANTASMAS
3. SOMBREIROS
4. CABAZAS
5. CAVEIRAS
6. MORCEGOS
7. POTES

En cada grupo había un Capitán, un Secretario e un Encargado das Chapas. Cada grupo tiña que pasar polos sete obradoiros que estaban organizados selando en cada un deles a "compostela" que levaban, para poder conseguir no obradoiro final a chave que podería abrir a caixa secreta que contiña as pistas para descubrir cal sería o PDI deste curso.

Os obradoiros eran:

1. Tatuaxes na aula de 1º

2. Cadeiras musicais no hall de infantil


3. Coreografías arrepiantes na aula de música


4. Ricas vasoiras de bruxa no patio cuberto


5. Xogos con "ollos" no ximnasio

6. Monstro aterrador na aula Pulido

7. Contos de medo na biblioteca


Cando todos os grupos tiveron a súa chave, volvimos a xuntarnos no patio cuberto para tentar abrir a caixa que contiña pistas para adiviñar a temática do PDI deste curso.


Na caixa estaba Naturizo, un cunco para a sopa, unha frauta, un espello, unha mazá, unha cesta e uns papeis cun bolígrafo. Ao principio non entendían a relación pero ao fin decatáronse de que tiña que ver cos contos e cos folios en branco deduciron o tema:

ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS

E eles mesmos foron dicindo os contos aos que correspondía cada obxecto: Naturizo, Riciños de Ouro, O frautista de Hamelín, Brancaneves e os sete ananiños e Carapuchiña Vermella.

Gustou moito a idea e están ansiosos por comezar a investigar e traballar!!!


Pola tarde xuntámonos todos na biblioteca para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares. Durante a semana anterior cada grupo/clase preparou dous contos moi coñecidos e sen sabelo xa estaban traballando no proxecto.

 Cada grupo representou unha escena dos contos escollidos e todos os demais tiñamos que adiviñar de que conto se trataba. Para non dar moitas pistas, se tiñan que dicir o nome do protagonista, na representación empregaban o nome de Faragullas no seu lugar. 

Fixérono todos xenial e adiviñamos todos os contos!!

4º e 5º de Infantil: Os Tres Porquiños e "A Ovelliña que veu a cear.

6º de Infantil: Carapuchiña Vermella e A boneca de Lucas

1º de EP: Os sete cabritiños e Corre, corre Cabaciña.

2º de EP: Guapa e Cocorico

3º de EP: Animalotes e Brancaneves e os sete ananiños

4º de EP: O fratuista de Hamelín e A Bela e a Besta

5º e 6º de EP: Daniela Pirata e O Principiño


Estade atentos que colgaremos os vídeos das diferentes actuacións!!


Por último, fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos primeiros alumnos e alumnas de cada curso para que as levaran para a casa. Teñen 10 días para gozar delas! Aproveitádeos!!


Se queredes ver todas as fotos do día só tedes que facer click no seguinte enlace:


FOTOS SAMAÍN E DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario